한국   대만   중국   일본 
Burela - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Burela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBurela
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  43°39′38″N 7°21′30″O  /  43.6605, -7.3582 Coordenadas : 43°39′38″N 7°21′30″O  /  43.6605, -7.3582
Estado Espana
Comunidade autonoma Galicia
Provincia Provincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
Capital Burela Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 9.454 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.152,93 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 8,2 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Oceano Atlantico Editar o valor em Wikidata
Altitude 25 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padron Xoan o Bautista Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataCarmela Lopez Moreno Editar o valor em Wikidata
Eleccions municipais en Burela Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 27880 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 27902 Editar o valor em Wikidata

Paxina web burela.org Editar o valor em Wikidata

Burela e un concello da provincia de Lugo , pertencente a Comarca da Marina Central . En 2015 tina 9.580 habitantes. O xentilicio e burelao , [ 1 ] burelense [ 2 ] ou bureles . [ 3 ] E o segundo concello mais poboado da comarca despois de Foz . Esta banado polo mar Cantabrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo , e polo sur co de Foz . O seu porto e un dos mais importantes da costa galega , cunha gran frota pesqueira. A poboacion creceu considerablemente nos ultimos anos do seculo XX , pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014 . A sua economia basease principalmente na pesca , destacando a pesca da pescada e do bonito . Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamen a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamen con ceramicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Ata 1994 , cando se segrega, formaba parte de Cervo . Debido a gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela e un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Amencer en Burela.

O concello de Burela atopase na chamada Marina Luguesa e no bordo norte da chaira lucense. En Burela comeza a rasa cantabrica, superficie cha situada entre o mar e os contrafortes montanosos, orixinando un tipo de costa linal de longas praias formadas aos pes dos cantis e separadas a miudo por farallons .

Burela fai fronteira polo noroeste co concello de Cervo , polo norte co Mar Cantabrico , polo sueste co concello de Foz , e polo leste co Mar Cantabrico . A poboacion de Burela distribuese tan so nunha unica parroquia chamada Santa Maria de Burela.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A historia de Burela remontase aos tempos prerromanos. Os restos mais antigos de poboacions achados na zona corresponden ao Castro de Burela situado na parte extrema do cabo. Foron os habitantes destes castros, a poboacion castrexa, a que deixou un dos emblemas do concello, o Torque de Burela -que actualmente se atopa no museo Provincial de Lugo -, e que forma parte do escudo de Burela.

Cerca do porto de Burela, durante a construcion da lonxa nova, atoparonse restos dun hipocausto romano, datado inicialmente entre os seculos II e III, cerca do porto de Burela en fase de escavacion.

Preto dos restos castrexos atopase un vilaris e unha vila romana. Este pequeno asentamento vai dar orixe a unha freguesia rural que se erixe en parroquia baixo a proteccion de Santa Maria no 1250, e pertencendo a diocese de San Martino de Mondonedo .

Burela estivo baixo xurisdicion da igrexa ata que en 1593 Filipe II incorpora a Coroa Real a xurisdicion do coto redondo de Santa Maria de Burela e concede unha carta privilexio a favor do bispo de Mondonedo .

Coa Constitucion das Cortes de Cadiz (1812) terminaronse as antigas xurisdicions e senorias e xurdiron os novos concellos. Nunha lista de novos concellos publicados en 1835 aparecen os concellos de San Cibrao e o de Nois , pertencendo a parroquia de Burela a este ultimo. Estes dous concellos tan so duraron 5 anos.

En 1840 produciuse unha reforma da division xudicial e municipal da provincia de Lugo que estableceu o concello de Cervo , ao que pasou a pertencer a parroquia de Burela. A capital do concello quedou establecida en Cervo .

Tramitouse varias veces o expediente para cambiar o nome do concello de Cervo polo Concello de Burela, sen resultado. Finalmente, en 1994 a localidade de Burela separouse de Cervo , constituindose en concello.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Vista de Burela desde O Castelo

Cunha poboacion de 9580 habitantes en 2015 [ 4 ] , Burela supera por primeira vez na decada do 2000 na sua historia os 9000 habitantes, e situase como o segundo maior concello da comarca despois de Foz e o oitavo da provincia.

O concello posue unha superficie de 7,3 km² e unha densidade de poboacion de 1256,30 hab./km², feito que o converte no primeiro concello da provincia de Lugo en densidade, e o cuarto concello galego con maior densidade, tan so despois das cidades da Coruna , Vigo e Ourense . Burela constitue un dos concellos mais novos de Galicia , xa que a sua historia como concello independente remontase ao ano 1994 cando se segregou do vecino Cervo .

Cunha idade media ao redor dos 41 anos, e unha poboacion moza que supera amplamente aos maiores de 65 anos, o concello de Burela e un dos concellos mais novos de Galicia e o de menor idade media da sua provincia [ 5 ] . Asi mesmo, Burela e un dos concellos galegos cunha maior tradicion de acollida de estranxeiros, 1193 do total de habitantes, e onde estes se atopan mais integrados na sociedade [ 6 ] , como exemplo compre resaltar a sua comunidade caboverdiana que mora no concello dende hai decadas [ 7 ] . A esta comunidade uniuselle mais recentemente inmigrantes procedentes de paises latinoamericanos, principalmente do Peru e de Indonesia para traballar na pesca .

Censo total 2015 9580 habitantes
Menores de 15 anos 1337 (13,95 %)
Entre 15 e 64 anos 6715 (70,09 %)
Maiores de 65 anos 1528 (15,95 %)
Evolucion da poboacion desde

1995 ata 2008

1995

1996 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008

7834

7925 7939 8045 8105 8176 8380 8348 8621 8755 8873 9171

Economia [ editar | editar a fonte ]

Porto pesqueiro de Burela.

O sector pesqueiro ten o seu maximo exponente no porto de Burela, o mais importante de todo o Mar Cantabrico [ Compre referencia ] . As especies mais importantes neste porto son: a pescada , que supon o 50 % da facturacion da lonxa , o bonito , sendo Burela o porto boniteiro mais importante do Cantabrico e, en menor medida, outras especies do cerco ou arrastre como a xarda , xurelo , sardina etc. Ao amparo da pesca xeraronse ao redor de 4.476 postos de traballo cunha frota diversificada en palangre , artesanal, arrastre litoral e boniteira.

O sector secundario atopase representado polas industrias de transformacion da madeira, as ceramicas, as fabricas de xeo, os talleres graficos e mecanicos, os estaleiros e os postos relacionados coa proxima Alumina-Aluminio de San Cibrao, ademais do crecemento do subsector construtivo, en auxe polo desenvolvemento economico e turistico en todo o municipio.

O sector terciario, en auxe nos ultimos anos, alcanzou un gran desenvolvemento como consecuencia do "boom" demografico, economico e turistico. E destacabel a existencia do Hospital da Costa, xa que xera un gran numero de empregos e presta un servizo basico para A Marina.

Alcaldes [ editar | editar a fonte ]

Lista de alcaldes
2023 -actualidade Carmela Lopez Moreno PSdeG-PSOE
2015 - 2023 Alfredo Llano Garcia PSdeG-PSOE
2011 - 2015 Jose Maria Gonzalez Barcia PPdG
2007 - 2011 Alfredo Llano Garcia PSdeG-PSOE
2005 - 2007 Jose Maria Gonzalez Barcia PPdG
1995 - 2005 Manuel Mon Rouco PPdG

Comunicacions [ editar | editar a fonte ]

Estradas [ editar | editar a fonte ]

A principal estrada do concello e a N-642 , conecida como a Estrada da Marina que vai de Ferrol a Foz . Actualmente bordea a vila de Burela en direccion noroeste-sueste, pois hai varios anos fixose esta circunvalacion que suprimia o paso da estrada polo centro da vila, pola Avenida Arcadio Pardinas.

Ferrocarril [ editar | editar a fonte ]

Polo concello de Burela pasa a lina de ferrocarril de via estreita que vai de Ferrol a Oviedo , pertencente a FEVE . No centro da vila esta situada a estacion de ferrocarril de Burela.

Hai catro trens diarios procedentes de Oviedo e Ribadeo con destino a Ferrol , e outros catro en sentido contrario, dous a Ribadeo e os outros dous a Oviedo .

Comunicacions aereas [ editar | editar a fonte ]

O aeroporto da Coruna e o aeroporto mais proximo a Burela, situado a 132 km. Dende este aeroporto hai voos directos a diversas cidades espanolas e tamen a europeas.

O aeroporto de Santiago de Compostela esta pouco mais lonxe que o da Coruna, a 159 km. Hai voos directos a varias cidades espanolas peninsulares e insulares, e tamen a cidades europeas e americanas.

O Aeroporto de Asturias esta a 136 km pola estrada N-642. Hai voos directos a varias cidades espanolas peninsulares e insulares, e tamen a Paris e Bruxelas .

Lugares de interese [ editar | editar a fonte ]

Cova na zona do Cantino
  • Barrio do Cantino . Zona residencial que conta coas praias do Cantino , Areoura e a praia dos Alemas , un paseo maritimo cunha zona de lecer (parque, zona de grelladas...).
  • A Marosa (bandeira azul). Conta coa praia da Marosa , as instalacions deportivas da S.D. Burela e un paseo maritimo.
  • O Portelo (bandeira azul). Praia artificial en pleno centro urbano da poboacion. Unida coa Marosa polo paseo maritimo anterior. Esta pegada a unha pequena cala chamada O Cabalino . Entre A Marosa e O Cabalino situase outra pequena cala chamada Praia de Ril (bandeira azul).
  • O Castelo . Zona de recreo situada na cima do monte O Castelo . Conta cun campo de tiro, unha ermida e un miradoiro con magnificas vistas.
  • Igrexa de Vila do Medio, con pinturas murais que datan da Idade Media.
  • Porto pesqueiro . Un dos mais importantes de Galicia .
  • Castro de Burela denominado Chao do Castro , proximo ao paseo maritimo que une as praias da Marosa e O Portelo .
  • Hipocausto romano datado inicialmente entre os seculos II e III, cerca do porto de Burela, descuberto no ano 2004 e en certo estado de degradacion.
  • Zona xeoloxica do Perdouro , considerado xeoloxicamente como un dos espazos mais interesantes da Peninsula, xa que neste punto conflue a rasa cantabrica -cuarzitas- e o batolito de San Cibrao -granito-
  • Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen"

Festividades [ editar | editar a fonte ]

  • Festas Patronais na honra a Virxe do Carme e San Xoan Bautista, no mes de xuno . Dentro desta celebracion hai que destacar as suas procesions, a primeira a do sabado pola noite, e a procesion que acompana a patroa dos marineiros, a Virxe do Carme, desde a igrexa parroquial ao porto, a traves de fermosas alfombras florais, para despedir e bendicir aos seus marineiros proximos a partir.
  • Romaria e Subida ao Monte Castelo , en xullo .
  • Feira do bonito , o primeiro domingo de agosto , coincidente coa feira de artesania e ecoloxia Produart.
  • Expomar , feira monografica nautico-pesqueira celebrada en maio .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Galeria de imaxes de Burela .

Lugares de Burela [ editar | editar a fonte ]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Burela vexa: Lugares de Burela .

Lugares da parroquia de Burela no concello de Burela ( Lugo )

Burela


Parroquias [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Burela

Burela (Santa Maria)

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]