한국   대만   중국   일본 
Bosnia (rexion) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bosnia (rexion)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBosnia

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  44°10′N 17°47′L  /  44.16, 17.78 Coordenadas : 44°10′N 17°47′L  /  44.16, 17.78
Xeografia
Superficie 41.000 km² Editar o valor em Wikidata

Limites aproximados entre Bosnia (laranxa) e Hercegovina (azul) [ 1 ] .

Bosnia [ 2 ] ( Bosna en serbocroata latino / Босна, en serbocroata cirilico ) e unha rexion xeografica dos Alpes Dinaricos , que comprende a parte norte do actual pais de Bosnia e Hercegovina .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Situase principalmente nos Alpes Dinaricos , sendo as suas fronteiras o suroeste da depresion de Panonia , e os rios Sava e Drina , marcando as suas fronteiras norte e leste. No sur, a parte mediterranea, corresponde a rexion de Hercegovina .

A rexion de Bosnia comprende aproximadamente 41.000 km², e ocupa o 80 % da actual Bosnia e Hercegovina. Non existen fronteiras reais entre as rexions Bosnia e Hercegovina, pero, non oficialmente, Hercegovina ocupa a parte sur deste pais.

As duas rexions formaron unha entidade xeopolitica desde tempos medievais, e o nome de Bosnia normalmente aparece en datos historicos e xeopoliticos referindose a ambas as rexions (Bosnia e Hercegovina). O uso oficial do norte incluindo ambas as rexions comezou so no ultimo periodo de mandato otoman .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Habitadas desde o seculo VII por un conglomerado heteroxeneo de tribos eslavas , as diferentes areas da actual Bosnia formaron parte dos diferentes estados croatas , serbios e bosniacos. O primeiro estado bosniaco creouse en virtude da prohibicion Kulin no seculo XII . Esta lei respectouse con mais firmeza durante o reinado do monarca Tvrtko , na segunda metade do seculo XIV . A partir de enton, naceu o reino de Bosnia (comprendendo a maior parte do actual territorio e do que logo seria conecido como Hercegovina ).

Despois de perder a sua independencia pola anexion ao Imperio Otoman en 1463 , Bosnia (incluindo Hercegovina) constituiuse en estado (San?ak) no imperio durante catro seculos. A zona adquiriu o nome de "Bosnia e Hercegovina" en 1853 como resultado dun xiro nos acontecementos politicos.

O Imperio Austrohungaro ocupouna en 1878 e anexionouna formalmente trinta anos mais tarde, en 1908 .

Tras a primeira guerra mundial converteuse nunha parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos , despois Reino de Iugoslavia .

Durante a segunda guerra mundial , entre 1941 e 1945 , Bosnia foi unha parte do Reino de Croacia (Estado fascista monicreque da Italia de Mussolini ), mentres que outras grandes zonas quedaron en poder dos chetniks (milicia nacionalista serbia) ou forzas da resistencia.

Despois de 1945 , Bosnia e Hercegovina converteuse nun dos elementos constitutivos da Republica Federal Socialista de Iugoslavia .

Durante a desintegracion de Iugoslavia , en 1992 , Bosnia e Hercegovina aproveitou o momento e proclamou a sua propia independencia. Moitos serbios de Bosnia opuxeronse a esta proclama, alentando a creacion da Republica Serbia (actual entidade serbia na Federacion). Asi, estalou unha guerra sanguenta na que os serbios foron desproporcionadamente mais fortes, especialmente ao principio da mesma.

A guerra concluiu en 1995 co Acordo de Dayton , polo cal se estableceu Bosnia e Hercegovina como un estado composto de dous elementos constitutivos territoriais (ou entidades) ?por un lado a Federacion de Bosnia e Hercegovina e, por outro, a Republica Serbia?, e os tres pobos constituintes (bosniacos, serbios e croatas).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Non existen limites oficiais entre Bosnia e Hercegovina.
  2. Lopez Martinez , Maria Cruz (2005). Gran dicionario seculo 21 da lingua galega . Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN   9788482893419 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]