Boletin Oficial del Estado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Boletin Oficial del Estado (ou, na forma abreviada, BOE ) e o diario oficial do Estado Espanol do que se encarga a Axencia Estatal do Boletin Oficial del Estado, dependente do Ministerio da Presidencia , e no que se publican as normas xuridicas e outras disposicions e actos de insercion publica obrigatoria.

O seu obxectivo e poner a disposicion de todolos administrados os textos legais de obrigado cumprimento, sendo esta publicacion o requisito imprescindible para a entrada en vixencia desas normas. Por tal motivo e unha publicacion de referencia para todo xurista e persoa relacionada coa Administracion central, ainda que afecte a todolos cidadans.

Funcions da Axencia Estatal [ editar | editar a fonte ]

  • Impresion, distribucion e venda do Boletin Oficial del Estado .
  • Impresion, distribucion e venda do Boletin Oficial del Registro Mercantil .
  • Publicacion de repertorios, compilacions, textos legais e separatas de disposicions de especial interese.
  • Publicacion de estudos cientificos ou tecnicos dos distintos organos da Administracion central ou de entidades publicas ou privadas coas que existan convenios.
  • Creacion de bases de datos lexislativas a partir do BOE ou doutras publicacions lexislativas.
  • Distribucion e comercializacion das suas propias publicacions ou das editadas por outras Administracions e organismos oficiais.

Historia [ editar | editar a fonte ]

En 1661 naceu a Gazeta , o primeiro periodico de informacion xeral que se publica en Espana. En 1697 pasou a chamarse a Gaceta de Madrid , co mesmo ambito xeralista, pero o rei Carlos III , en 1762 , asume a publicacion e converteo no medio de informacion oficial que reflicte a politica e as decisions do Goberno. Co tempo, entre 1808 e 1814 , aparecen diferentes Gacetas nalgunhas outras localidades, que coexisten coa Gaceta real.

Por fin, en 1836 establecese o principio legal de que os Decretos, Ordes e Instrucions que dite o Goberno so seran de aplicacion a partir da sua publicacion na Gaceta , convertendose asi no actual organo de expresion lexislativa e regulamentaria. En 1886 modificase a estrutura da Gaceta , que perde a sua condicion xeralista, e pasa a publicar exclusivamente documentos de indole legal e administrativa, regulandose os distintos tipos de normas (Lei, Real decreto, Real orde, Resolucion etc.) e a sua prioridade lexislativa.

Trala sublevacion de 1936 , o Goberno de Francisco Franco creou a denominacion de Boletin Oficial del Estado , mentres que o Goberno republicano seguia publicando a Gaceta , e mantivo este nome ata 1961 , cando pasou a denominarse Boletin Oficial del Estado-Gaceta de Madrid . En 1986 recuperou o nome definitivo de Boletin Oficial del Estado .

En 1997 , aprobase a publicacion do BOE nas linguas cooficiais, aparecendo en 1998 en catalan e en galego , e no 2000 en valenciano .

O 31 de decembro de 2008 publicouse por ultima vez en formato papel, pasando a ser accesible so por Internet e con caracter gratuito, mantendo os mesmos efectos administrativos e coa mesma consideracion de oficial e autentico. Ainda asi manterase unha edicion impresa limitada a Biblioteca Nacional e o Ministerio da Presidencia , como copias de seguridade e de recordo, garantindo asi a continuidade como parte do patrimonio documental da Administracion Xeral do Estado.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]