Bispo metropolitano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julian Barrio , arcebispo da Arquidiocese de Santiago de Compostela , co baculo metropolitano.

Xa xerarquia das igrexas cristias , o rango de arcebispo metropolitano , abreviado como metropolitano , designa ao bispo dunha metropole , e dicir, a capital dunha antiga provincia romana , unha provincia eclesiastica , ou dunha capital rexional.

Nas diferentes igrexas [ editar | editar a fonte ]

Na Igrexa de Occidente non hai moita diferenza entre un metropolitano e un arcebispo comun; poren, a un arcebispo que non sexa metropolitano chamaselle Arcebispo ad personam . O metropolitano ten precedencia honorifica sobre os outros bispos da sua provincia eclesiastica, chamadas sedes sufraganeas , os cales se denominan bispos sufraganeos .

Para o anglicanismo , o metropolitano e xeralmente o xefe da ala nacional da igrexa.

Nas Igrexas catolicas orientais o titulo usase de varias formas. As igrexas helenicas clasifican aos metropolitanos por debaixo dos arcebispos, e os primados de igrexas locais baixo o rango patriarcal designanse xeralmente como arcebispos.

O caso e inverso para as igrexas ortodoxas , onde os metropolitanos clasificanse por riba dos arcebispos e o titulo pode ser usado tanto para sedes do Primado como para calquera cidade importante. En ningun caso tenen os metropolitanos autoridade especial sobre os bispos rexentes nas suas propias provincias.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Creacion do titulo [ editar | editar a fonte ]

Este titulo eclesiastico naceu cando, despois do Edicto de Milan de 313 , a Igrexa Cristia comezou a organizarse territorialmente, segundo o modelo da organizacion civil do Imperio romano , de acordo coa reforma de Diocleciano . Nesta dividiuse o imperio en provincias , que incluian unha metropole (ou capital) e varias civitates (cidades), polo que a Igrexa se organizou en provincias eclesiasticas, a cabeza das cales estaban os bispos da capital, que tomaron o nome de metropolitanos, aos que estaban suxeitos como dioceses sufraganeas os bispos das outras cidades da provincia. Esta organizacion xa foi reconecida como existente no Concilio de Nicea de 325 , onde ao bispo metropolitano se confiaba a tarefa de confirmar as eleccions episcopais da sua provincia eclesiastica, sen a cal as eleccions eran nulas (canons 4 e 6) [ 1 ] . No Concilio de Laodicea de 363 - 364 decretouse, no canon 12, que lle correspondia ao metropolitano a tarefa de vixiar a ortodoxia e a moral dos bispos elixidos na sua provincia. [ 2 ] No Concilio de Calcedonia de 381 estableceuse que so a autoridade eclesiastica, e non as civis, podia erixir novas provincias eclesiasticas, e nomear asi a un novo bispo metropolitano. [ 3 ]

Imperio Romado de Oriente [ editar | editar a fonte ]

A organizacion das Igrexas nas provincias eclesiasticas encabezadas por un metropolitano, seguindo o modelo das circunscricions civis, puxose pronto en practica nas comunidades cristias do Imperio Romano de Oriente , e xa aparece codificada nas Notitiae episcopatuum do Pseudo Epifanio a mediados do seculo VII . No Imperio bizantino o metropolitano situase como unha figura de intermediacion entre o bispo e o patriarca, e esta organizacion establecida no seculo IV prolongouse moito mais ala do fin do imperio.

Imperio Romado de Occidente [ editar | editar a fonte ]

No Imperio Romano de Occidente a situacion foi moito mais variada, e o desenvolvemento historico das provincias eclesiasticas non foi univoco. Na Igrexa de Occidente, o papa foi considerado como o unico metropolitano ate o seculo V cando, na Galia e no norte de Italia , os bispos das principais cidades comezaron a levar este titulo. A tarefa principal do metropolitano era presidir a eleccion dos bispos da sua provincia e de ordenalos .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Texto: canon 4 e canon 6 .
  2. Texto: Karl Josef von Hefele, Concilio de Laodicee en Histoire des Conciles , volume I, parte segunda, Paris, 1907, p. 1005.
  3. Canon 12 do Concilio.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]