한국   대만   중국   일본 
Bandeira de Ucraina - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bandeira de Ucraina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Ucraina
Bandeira de Ucraína
Caracteristicas
Uso
Proporcion 2:3
Adopcion 1918
28 de febreiro de 1992
Cores        Azul        Amarelo

A bandeira de Ucraina (en ucraino : державний прапор Укра?ни, derzhavnyy prapor Ukrayiny ) aparece descrita no artigo 20 da Constitucion e esta composta por duas franxas horizontais de igual tamano de cor azul e amarelo. Foi adoptada o 28 de xaneiro de 1992 . A insignia azul e amarela foi empregada por primeira vez durante a Revolucion de 1848 e tivo caracter oficial durante un curto periodo, dende o 12 de novembro de 1918 . As suas proporcions son de 2:3.

Deseno [ editar | editar a fonte ]

A Lei de Ucraina afirma que as cores da bandeira ucrina son " azul e amarelo ", non especificando que tonalidade concreta e de cada cor. As comunidades heraldicas tentan encher o baleiro e especificar unhas cores "verdedeiras". De acordo co sitio web afeccionado vexilla-mundi.com as cores serian:

Esquema Azul escuro Amarelo
Pantone 286 C 108 C
RGB 0-0-205 249-221-22

Historia [ editar | editar a fonte ]

Varias foron as bandeiras usadas por Ucraina en diferentes periodos ao longo da historia. A primeira referencia as cores utilizadas na bandeira nacional data da epoca dos Hetman e foi atopada na cronica de Lviv do seculo XVII . Crese que o escudo de armas da cidade de Lviv, celeste e amarelo, foi legado a cidade polo principe Lev. As mesmas cores aparecen no escudo de armas dos rutenos (grupo de ucrainos que vivian na zona leste de Checoslovaquia e nos Carpatos ) que, nos seculos XIV e XV , formaban parte de Polonia . Nas descricions que se facian nos tempos dos Hetman das bandeiras militares (despois do Consello de Periaslav de 1654 ) xa se mencionaba o azul ceo como a cor da bandeira. A mesma levaba diferentes emblemas e lemas. Ademais do azul ceo e do amarelo, outro das cores emupleados polo Estado cosaco era o vermello.

A orixe heraldica das cores da bandeira nacional perderonse. Asi, a cor azul pasou a representar o ceo , mentres que o amarelo fixo o mesmo cos campos de trigo . O 22 de marzo de 1918 , o Consello Central de Ucraina adoptou simultaneamente a bandeira azul e amarela e o tridente como simbolos nacionais. O mesmo fixo o goberno da Republica Nacional de Ucraina Occidental o 12 de novembro de 1918 . O Consello Nacional de Ucraina, por medio da resolucion do dia 27 de xuno de 1949 , anuncia que a bandeira nacional esta composta por duas franxas horizontais, azul e amarelo, respectivamente.

Bandeiras historicas [ editar | editar a fonte ]

Outras bandeiras [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]