한국   대만   중국   일본 
Bandeira de Nova Zelandia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bandeira de Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Nova Zelandia
Bandeira de Nova Zelandia
Caracteristicas
Uso
Proporcion 1:2
Adopcion 24 de marzo de 1902
En uso dende 1869
Cores        Azul

       Vermello

       Branco
Bandeira civil de Nova Zelandia
Bandeira civil de Nova Zelandia
Caracteristicas
Uso
Proporcion 1:2
Bandeira de guerra de Nova Zelandia
Bandeira de guerra de Nova Zelandia
Caracteristicas
Uso
Proporcion 1:2

A bandeira de Nova Zelandia e un pano de cor azul coa bandeira do Reino Unido no canton e catro estrelas rubias fileteadas de branco , que representan a constelacion da Cruz do Sur , no batente. As proporcions da bandeira son 1:2 e as suas cores son vermello ( Pantone 186), azul real [ 1 ] (Pantone 280) e branco . As proporcions e cores son identicas as da bandeira britanica. Ademais desta bandeira nacional , Nova Zelandia ten dous pavillons nacionais , un civil e outro de guerra. Son practicamente iguais a bandeira nacional, variando unicamente a cor do pano; vermella na civil, coas estrelas brancas, e branca na de guerra, coas estrelas rubias.

A historia da bandeira deste Estado remontase a 1834 , cando os pobos aborixes de Nova Zelandia elixiron a primeira bandeira. A bandeira que segue sendo utilizada hoxe en dia foi introducida en 1869 , ainda que non foi adoptada oficialmente ate 1902 .

Propuxose en diversas ocasions mudar o deseno da bandeira por outro novo. Deronse moitos argumentos a favor do cambio, por exemplo, que a bandeira actual ignora o legado maori e dos outros pobos do estado. Do mesmo xeito, presentaronse argumentos en contra do cambio, entre eles, que a bandeira leva sendo utilizada durante moito tempo e que foi a bandeira pola que loitaron moitos neozelandeses e que cambiala seria unha ofensa para eles. A pesar de todos os diferentes desenos propostos para o cambio, optouse por conservar a bandeira orixinal.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Unha bandeira proposta que non foi adoptada polos maoris, debido a inclusion da bandeira britanica e a ausencia cor vermella.
Bandeira das Tribos Unidas de Nova Zelandia.

A necesidade dunha bandeira para Nova Zelandia fixose patente por primeira vez cando o buque de carga Sir George Murray , construido en Hokianga , foi capturado por oficiais aduaneiros no porto de Sydney . O barco estivera navegando sen bandeira, o que constituia unha violacion das leis de navegacion britanicas . Entre os pasaxeiros daquela nave encontrabanse dous xefes maoris de alto rango, posiblemente chamados Patuone e Taonui. A detencion do barco provocou indignacion no pobo maori, e, ou se facia unha bandeira, ou os barcos continuarian sendo detidos. [ 2 ]

A primeira bandeira neozelandesa foi escollida o 20 de marzo de 1834 nunha reunion convocada polo representante britanico James Busby a traves dunha votacion realizada polas Tribos Unidas de Nova Zelandia nun encontro de 25 xefes maoris, quen pouco despois farian a declaracion de independencia de Nova Zelandia, en Waitangi en 1835 . Tres bandeiras foron propostas, todas elas desenadas supostamente polo misioneiro Henry Williams , quen xogaria un papel importante na traducion do Tratado de Waitangi en 1840. Os xefes desbotaron outras duas propostas que incluian a bandeira britanica, para apoiar a unha bandeira que era unha modificacion da Cruz de San Xurxo ou Pavillon Branco e seria a chamada bandeira das Tribos Unidas de Nova Zelandia. A necesidade dunha bandeira era apremiante, non so porque as naves neozelandesas estaban sendo incautadas en Sidney por non ondear unha bandeira nacional, senon tamen como simbolo da independencia declarada polos xefes maoris.

A bandeira segue ondeando en Waitangi, e pode ser vista no Dia de Waitangi . [ 3 ]

Deseno inicial de bandeira das Tribos Unidas.

Bandeira do Reino Unido [ editar | editar a fonte ]

Despois de asinar o Tratado de Waitangi, a bandeira britanica foi usada como bandeira oficial, ainda que a antiga bandeira das Tribos Unidas continuou sendo utilizada por alguns barcos de Nova Zelandia e en moitos casos tamen en terra. A sede da Compania de Nova Zelandia en Wellington , por exemplo, continuou usando a bandeira das Tribos Unidas ate que o gobernador William Hobson lles ordenou substituila en 1841 . [ 3 ]

Bandeiras baseadas na bandeira britanica [ editar | editar a fonte ]

Primeira bandeira neozelandesa baseada na da do Reino Unido.

A primeira bandeira neozelandesa baseada na bandeira do Reino Unido foi introducida en 1867 pola Acta Colonial de Defensa Naval de 1865, na cal se requiria que todas as naves que foran propiedade dos gobernos coloniais ostentaran a bandeira azul alterada da Marina Real Britanica , que ademais debia incluir unha insignia colonial. Nova Zelandia non tina insignia colonial, nin un escudo propio, polo que foron engadidas as letras "NZ" ao Pavillon Azul.

A bandeira actual foi introducida en 1869 . Inicialmente foi usada so en naves do goberno, pero foi adoptada como bandeira nacional de facto despois dun xurdimento de patriotismo a partir da segunda guerra dos boers en 1902 . Para acabar coa confusion entre varios desenos da bandeira, o Goberno Liberal redactou un documento oficial aprobado polo rei Eduardo VII o 24 de marzo de 1902 no que se declaraba esta bandeira como a bandeira nacional de Nova Zelandia. O deseno da bandeira das Tribos Unidas tamen esta presente no reverso das medallas entregadas aos soldados que serviron na guerra dos boers, o que indica que a bandeira das Tribos Unidas seguia sendo usada en Nova Zelandia nesa epoca.

Estrutura e cor [ editar | editar a fonte ]

Construcion [ editar | editar a fonte ]

Deseno da bandeira de Nova Zelandia.

A bandeira de Nova Zelandia mide 240 cm de ancho por 120 cm de alto, mentres que a bandeira britanica que presenta ocupa exactamente un cuarto da totalidade da sua area, cuns 120 cm de ancho por 60 cm de alto. A bandeira do Reino Unido atopase na esquina superior esquerda da bandeira e mostra os detalles dunha bandeira de proa . Os outros elementos existentes son as catro estrelas con bordos brancos de 1 cm de espesor que se encontran ocupando a parte dereita da bandeira. A sua formacion representa a constelacion da Cruz do Sur , ainda que esta formacion non se axusta de todo a realidade. As estrelas forman dous eixes: un que vai do centro da estrela superior ate a estrela inferior, e outro que vai da estrela esquerda ate a estrela dereita. O primeiro eixe, que e vertical, e perpendicular ao bordo superior da bandeira, mentres que o eixe horizontal e lixeiramente oblicuo ao bordo lateral. Na parte superior, con 12 cm de ancho, aparece a Gacrux , co seu centro a 24 cm do bordo superior da bandeira. Mais abaixo, con 14 cm de ancho, encontrase a Acrux , estando o seu centro a 96 cm do bordo superior. As outras duas estrelas atopanse organizadas de forma asimetrica e estan, xeometricamente, nunha rotacion de 82° no sentido negativo con respecto ao eixe vertical. A dereita esta a Decrux , cun ancho de 10 cm e a unha distancia de 24 cm da interseccion dos eixes das estrelas, e a esquerda aparece a Becrux , a cal ten un ancho de 12 cm e se atopa a unha distancia de 28 cm da interseccion mencionada. [ 4 ]

Cores [ editar | editar a fonte ]

En todos os pavillons de Nova Zelandia reproducense as cores baseadas nas das da bandeira britanica. A informacion de cores en HTML, asi como en RGB, CMYK e Pantone non corresponde exactamente as mesmas tonalidades, pero son aproximadas.

Cor Nome HTML RGB [ 5 ] CMYK Pantone [ 5 ]
Azul #000066 0-0-102 100-70-0-20 280 C
Vermello #CC0000 204-0-0 0-100-80-5 186 C
Branco #FFFFFF 255-255-255 0-0-0-0 1 C

Lexislacion [ editar | editar a fonte ]

A bandeira nacional e definida oficialmente na Acta de Proteccion de Bandeiras, Emblemas e Nomes de 1981. A seccion 5(2) consideraa "o simbolo do Reino, Goberno e pobo de Nova Zelandia".

Proposta de afianzamento [ editar | editar a fonte ]

En 1995 , o enton Primeiro Ministro de Nova Zelandia Jim Bolger , fixo declaracions en apoio a un movemento orientado cara a instauracion dunha republica en Nova Zelandia. [ 6 ] En resposta, o deputado do Partido Cristian Democrata Graeme Lee presentou unha Emenda para a Proteccion de Bandeiras, Himnos, Emblemas e Nomes. [ 7 ] De ser aprobada, a Emenda afianzaria a Acta que regula a bandeira, incluindo ademais os himnos de Nova Zelandia, e teria que haber unha maioria do 65% dos votos no Parlamento antes de que calquera lexislacion futura puidera modificar a bandeira. A Emenda foi aprobada na sua primeira presentacion pero non superou a segunda, na que obtivo 26 votos a favor e 37 en contra.

Debate [ editar | editar a fonte ]

Unha gran bandeira sobre o Aeroporto Internacional de Auckland .
A bandeira do fieito prateado as veces e utilizada xunto a bandeira oficial.

Durante moitas ocasions propuxeronse novos desenos para unha outra bandeira para Nova Zelandia. En novembro de 1979 , o Ministro de Asuntos Interiores, Allan Highet , suxeriu que o deseno da bandeira debia ser cambiado, e buscou un artista para desenar unha nova bandeira que incluira un fieito prateado . A proposta, non obstante, atraeu pouco interese. [ 8 ] En 1998 , a Primeira Ministra Jenny Shipley apoiou a peticion da Ministra de Cultura Marie Hasler para un cambio de bandeira. Shipley, xunto co Departamento de Turismo de Nova Zelandia, apoiaron a proposta da bandeira co fieito prateado, usando un fieito de cor branca sobre un fondo negro como posible bandeira alternativa, xunto coas barras da bandeira do Canada .

En 2003 , a Fundacion NZ Flag foi fundada co obxectivo de realizar un referendo non vinculante acerca do tema. Segundo as leis de Nova Zelandia, un referendo pode ser celebrado se o 10% dos electores asinan unha peticion que debe ser presentada ante o Parlamento. A Fundacion enviou a sua peticion para tal referendo en 2005 .

En resposta a peticion, o Instituto da Bandeira de Nova Zelandia foi creado para oporse a campana do referendo e promover a bandeira oficial, asi como para ofrecer unha vision mais formal da bandeira. Sorprendentemente, unha asociacion para veteranos de guerra conecida como RSA non apoiou abertamente a bandeira oficial na sua conferencia anual, pedindo en cambio que "...a politica se deixara fora do debate". Esta actitude foi, non obstante, criticada por posturas individuais da propia RSA, que apoiaban abertamente a bandeira actual.

A peticion fallou no seu intento de recoller suficientes sinaturas (arredor de 100 000 persoas rubricaron a peticion) a tempo para a eleccion xeral en setembro de 2005 e foi retirada en xullo. A Fundacion citou, como a principal razon para retirar a peticion, a apatia publica cara ao cambio, asi como unha campana de apoio publico cara a bandeira orixinal.

Argumentos a favor do cambio [ editar | editar a fonte ]

Os simpatizantes do cambio argumentan que:

  • E moi similar e as veces confundida coa bandeira de Australia . [ 9 ] En 1984, o Primeiro Ministro australiano Bob Hawke foi recibido cunha bandeira neozelandesa en Otava . [ 10 ] [ 11 ]
  • Como unha bandeira britanica modificada, fai alusion a idea de que Nova Zelandia segue sendo unha colonia ou parte do Reino Unido. [ 12 ]
  • Ignora o legado maori de Nova Zelandia e a outros grupos etnicos. [ 13 ]
  • Non evocaba sentimentos emotivos e rara vez era usada por neozelandeses;
  • Tina pouca conexion coa terra;
  • Tina moitos desenos e combinacions de cores;
  • A organizacion de veteranos de guerra de Nova Zelandia non apoiaba abertamente a bandeira;
  • Fora utilizada en anos recentes por grupos ultranacionalistas como a National Front .

Argumentos en contra do cambio [ editar | editar a fonte ]

Os opositores do cambio argumentan que a bandeira orixinal:

  • Foi elixida por neozelandeses.
  • Evoca unha resposta emotiva neles.
  • Representa a historia do pais como parte do Imperio Britanico , [ 14 ] e a sua localizacion no Hemisferio sur .
  • O seu deseno e colorido.
  • E a bandeira pola que os neozelandeses loitaran ou morreran, e cambiala seria ofensivo para os veteranos de guerra de Nova Zelandia. [ 10 ]
  • Leva representando o pais durante mais dun seculo.

Alguns tamen dixeron que non e similar a bandeira de Australia como frecuentemente se di, e que moitos paises tenen bandeiras que son bastante similares. Tamen critican as alternativas propostas, argumentando que se centran en desenos maoris ou do Pacifico cando a maior parte da herdanza de Nova Zelandia e anglosaxoa ou celta , [ 14 ] [ 15 ] ou o fieito prateado, que e o logotipo dalguns equipos deportivos do pais en lugar da propia nacion. En resposta, os simpatizantes do fieito prateado sinalan que a planta en si foi usada como simbolo neozelandes desde polo menos a guerra dos boers (cando aparecia en insignias militares) e xa era un emblema nacional, sendo usada en varios simbolos oficiais, incluindo o escudo de Nova Zelandia e a moeda de 1 dolar neozelandes .

As ultimas enquisas de opinion indican que hai unha maioria a favor de conservar a bandeira actual. Tampouco existe consenso entre os proponentes de cambiar a bandeira sobre que deseno deberia substituila, ainda que isto non quere dicir que non tena habido propostas reconecidas para unha alternativa.

Ao igual que en Australia , o debate sobre a bandeira foi separado do debate republicano ? o Movemento Republicano de Aotearoa Nova Zelandia sinala que "crear unha republica non require ningun cambio no Tratado de Waitangi, simbolo da pertenza a Mancomunidade Britanica de Nacions ", [ 16 ] mentres que NZ Flag declarou que cambiar a bandeira "non e anti-realista de ningunha forma". [ 17 ]

Non obstante, as opinions con respecto a alternativa ideal son variadas, e os proponentes do cambio suxiren que preferirian deixar a decision final sobre a futura bandeira ao pobo neozelandes.

Desenos alternativos propostos [ editar | editar a fonte ]

Bandeira do koru de Friedensreich Hundertwasser .

Unha bandeira con longa historia como bandeira alternativa de Nova Zelandia e a Bandeira Koru de Friedensreich Hundertwasser , desenada en 1983 . A bandeira representa unha folla de fieito despregandose nunha forma que e un patron maori tradicional, o koru . Esta bandeira, a cal en ocasions pode ser vista no pais, [ 18 ] ten certo grao de apoio, especialmente entre grupos liberais.

Bandeira de Kyle Lockwood.

Unha alternativa popular a bandeira actual foi desenada por Kyle Lockwood . Ganou un concurso de bandeiras dun diario de Wellington en xullo de 2004 e apareceu en TV One en 2005 despois de ganar unha votacion que incluia a bandeira nacional. O fieito representa a xente de Nova Zelandia e as estrelas representan a localizacion do pais. A cor azul representa o oceano, a vermella representa o pobo maori e os sacrificios durante os tempos de guerra, e a branca e unha referencia a "Terra da gran nube branca" (traducion literal do maori "Aotearoa", o nome co que os maoris denominan o pais).

Bandeira de James Dignan.

Un deseno que tamen acadou popularidade foi o de James Dignan . Este deseno foi reproducido nos xornais do pais en 2002 , na epoca do centenario da bandeira nacional, e puido ter sido de inspiracion para o deseno de Lockwood. A bandeira combina o vermello, o branco, o azul e a Cruz do Sur da bandeira oficial (ainda que o azul e lixeiramente mais claro) co vermello, branco e negro da bandeira Tino rangatiratanga , incorporando tamen o fieito prateado sobre o negro usado para representar a Nova Zelandia en moitos contextos. Esta combinacion tina vinculos coa tradicional do Reino Unido e tamen coa cultura polinesia do pais.

Bandeira proposta con influencia da bandeira do Reino Unido.

Tamen moitas persoas trataron de proponer os seus propios desenos para un cambio de bandeira. Por exemplo, desenadores que buscan manter vinculos evidentes coa herdanza britanica de Nova Zelandia tentaron 'acordos honorables' que incorporan a bandeira do Reino Unido ate certo punto. A proposta da bandeira britanica azul incorpora un koru rubio que medra a partir da bandeira europea, o que representa o crecemento a partir dos britanicos e o legado maori, ademais da Cruz do Sur. O azul simboliza o oceano Pacifico e o vermello simboliza os maoris. A banda branca representa a "gran nube branca". O branco e o negro converteronse co paso do tempo nas cores nacionais de Nova Zelandia.

Outras bandeiras [ editar | editar a fonte ]

Exemplo de bandeira vermella neozelandesa utilizada polos maoris.
A bandeira Tino rangatiratanga.

Tamen existe unha bandeira neozelandesa vermella que se converteu na bandeira oficial para os buques mercantes en 1901 . [ 19 ] Previamente utilizabase unha bandeira completamente vermella. A bandeira vermella pode ser usada en terras de areas maoris ou durante eventos maoris segundo a Acta de Proteccion de Bandeiras, Emblemas e Nomes de 1981 en reconecemento da preferencia maori polas bandeiras vermellas. A lei neozelandesa permite a desfiguracion da bandeira segundo os costumes maoris nos cales se engaden letras maiusculas brancas que identifican a unha familia ou tribo maori particular. Por exemplo, TAKITIMU refirese a un grupo de tribos maoris descendentes da tripulacion da ancestral canoa que levaba ese nome. [ 20 ] Esta bandeira tamen serve como guia a un concepto para bandeiras que representa tanto a Illa Norte como a Illa Sur . Hoxe en dia, as embarcacions privadas e comerciais poden elixir ostentar a bandeira de Nova Zelandia ou a bandeira vermella da Cruz do Sur.

Desde 1990 , alguns maoris usaron menos a bandeira vermella en favor dunha nova bandeira que carece de connotacions coloniais. Elixida a traves dun concurso, esta bandeira maori utiliza o negro para representar o korekore ou a potencialidade, branco para representar o Ao marama ou o mundo fisico da luz e o entendemento, vermello para representar whaiao ou a luz do dia (representando o logro de pleno potencial e entendemento), e o koru , un debuxo semellante a unha espiral , que representa o desenvolvemento da nova vida. A bandeira xeralmente e chamada bandeira Tino rangatiratanga .

As bandeiras maoris Te Paerangi e Te Paekinga do K?ngitanga , e a mais elaborada bandeira de batalla Te Kooti, levaban unha "tripla estrela" que alguns suxeriron representaba as tres principais illas de Aotearoa ou as tres canastras do conecemento do deus Tane . Un dos dous himnos nacionais de Nova Zelandia, " God Defend New Zealand ", inclue a verso " Guard Pacific's triple star " (Garda a tripla estrela do Pacifico) e deronse varias especulacions a traves dos anos sobre se isto era unha referencia as tres illas, ou talvez a bandeira de batalla maori ? o autor do himno, Thomas Bracken , era en parte un irlandes anti-colonial.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ministry for Culture and Heritage (ed.). "New Zealand Flag" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2008 . Consultado o 7 de xuno de 2008 . Its royal blue background is reminiscent of the blue sea and clear sky surrounding us ("O seu fondo azul real e unha referencia ao mar e ao ceo que nos rodea").  
  2. Ministry for Culture and Heritage (ed.). "Flag of the United Tribes of New Zealand (1834-1840)" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 23 de xuno de 2006 . Consultado o 4 de abril de 2012 .  
  3. 3,0 3,1 "History of New Zealand - The colonisation of New Zealand" (en ingles) . 2006 . Consultado o 4 de abril de 2012 .  
  4. Sam Lockton e Antonio Martins. "Description of the flag" (en ingles) . Consultado o 5 de abril de 2012 .  
  5. 5,0 5,1 Sam Lockton. "Aotearoa" (en ingles) . Consultado o 5 de abril de 2012 .  
  6. The Republican Movement of Aotearoa New Zealand, ed. (2007). "History of republicanism in New Zealand" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008 . Consultado o 5 de abril de 2012 .  
  7. Bennion Law, ed. (setembro de 2004). "Maori Law Review - New Zeeland" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2008 . Consultado o 5 de abril de 2012 .  
  8. Flags of the World , ed. (23 de setembro de 2006). "New Zealand - Proposals for a new flag" (en ingles) . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  9. Brian Sweeney (2004). NZ Flag.com Trust, ed. "Eight Reasons To Change The New Zealand Flag" . Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011 . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  10. 10,0 10,1 NZ History Online, ed. (2011). "Calls for a new New Zealand flag" . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  11. Ausflag (ed.). "Monarchists Prove Case for Australian Flag Change" .  
  12. Ministerio de Cultura, ed. (2010). "New Zealand Heritage and Identity - Flags" . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  13. NZ Flag.com Trust, ed. (2004). "Have Your Say" . Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011 . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  14. 14,0 14,1 John Moody. The XIX International Congress of Vexillology, ed. "Past Attempts to Change New Zealand's Flag" (PDF) . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  15. New Zealand Flag Institute, ed. (2005). "Why the Flag Should Not Change" . Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008 . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  16. "Haere Mai, Welcome" (en ingles) . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  17. NZ Flag (ed.). "New Zealand Flag Change Not Anti-Royalist" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008 . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  18. Ministerio de Cultura e Patrimonio (ed.). "Hundertwasser koru flag" . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  19. Lockton, Sam. Flags of the World, ed. "Civil ensign" (en ingles) . Consultado o 13 de abril de 2012 .  
  20. Dignan, James. Flags of the World, ed. "Maori use of the Red Ensign" (en ingles) . Consultado o 13 de abril de 2012 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]