한국   대만   중국   일본 
Bandeira de Escocia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bandeira de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Escocia
Bandeira de Escocia
Caracteristicas
Uso
Proporcion Non fixada
Adopcion Seculo XVI
Cores        Azul        Branco

A Bandeira de Escocia (en escoces : Banner o Scotland , en gaelico escoces : Bratach naiseanta na h-Albaen , en ingles : Flag of Scotland ), tamen conecida como sautor ( saltire ) ou como Cruz de Santo Andre , esta composta por unha aspa branca sobre fondo azul.

Descricion [ editar | editar a fonte ]

Bandeira tradicional celeste.

A aspa branca e o simbolo de Santo Andre o Apostolo , patron de Escocia . [ 1 ] A cor do fondo da bandeira e variable, dende o azul ceo ata o azul marino , dependendo, ao parecer, do tipo de tinguidura disponible en cada zona e epoca. Cando foi incorporada a bandeira do Reino Unido , empregouse o azul marino coma cor de fondo.

Con todo, en 2003 , unha comision do Parlamento de Escocia estableceu que a cor oficial do fondo da bandeira e o Pantone 300 (e dicir (0, 114, 198) no modelo de cor RGB ou (#0072C6) en codigos de cores HTML ), unha cor algo mais clara que o Pantone 280 da bandeira do Reino Unido. As dimensions da bandeira non estan oficialmente establecidas, ainda que adoitan ser 4:5, 3:5 ou 2:3. As barras cruzadas deben ter unha largura de 1/5 (ou sexa, un 20%) da altura da bandeira.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Martirio de Santo Andre.

Segundo a lenda, no ano 832 o rei Oengus II dos pictos dirixiu aos escoceses na sua batalla contra os anglos , comandados por Æthelstan de East Anglia, preto do actual concello de Athelstaneford, en East Lothian. O rei Oengus e os seus homes vironse rodeados, e pregaron polas suas vidas. Durante a noite, Santo Andre apareceuse ao rei e prometeulle a vitoria. Pola mana, ambos os dous exercitos viron aparecer sobre o ceo azul unha cruz branca, representando a cruz sobre a que fora martirizado Santo Andre . Esta aparicion deu coraxe aos escoceses, mentres que os anglos se desmoralizaron e perderon o combate.

As evidencias historicas do emprego da Cruz de Santo Andre como simbolo de Escocia son bastante posteriores a esta lenda. En 1385 , o Parlamento de Escocia decretou que os soldados escoceses debian levar o saltire como unha marca de distincion. A primeira bandeira escocesa conservada consistente unicamente nunha cruz branca data de 1503 , ainda que o fondo e vermello, non azul. Cara 1540 a lenda do rei Oengus modificouse, ata a sua version actual, incluindo a vision dunha aspa branca nun ceo azul, polo que a partir dese intre ese foi o deseno da bandeira nacional de Escocia.

Dende 1606 , e especialmente trala definitiva union de Inglaterra e Escocia pola Acta de Union (1707) , a bandeira de Escocia foi incorporada a bandeira do Reino Unido , a que mais tarde, en 1801 engadiuse a Cruz de San Patricio , para simbolizar ao Reino Unido de Gran Bretana e Irlanda .

Variantes e alternativas [ editar | editar a fonte ]

Bandeira de Nova Escocia [ editar | editar a fonte ]

Fora de Escocia existen varias versions distintas da bandeira de Escocia. No Canada , por exemplo, unha version inversa do sautor (e dicir, unha cruz azul sobre fondo branco) e a bandeira da provincia de Nova Escocia , primeira expedicion colonial do Reino de Escocia. En Rusia , antes e logo da URSS , a Armada Rusa empregaba como emblema a mesma variante inversa da bandeira de Escocia, debido a que Santo Andre e tamen o patron de Rusia, asi como na bandeira de Galicia , a cal agora posue unha soa franxa.

Outros territorios que tenen bandeiras semellantes a escocesa son o estado estadounidense de Alabama , a illa de Tenerife ou o Arquipelago de San Andres, Providencia e Santa Catalina , ainda que nestes casos non parece existires un vencello historica algun con Escocia nin con Santo Andre.

Bandeira de Nova Escocia , inversion da bandeira de Escocia.
Bandeira de Galicia , cunha soa franxa.

Estandarte real de Escocia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Estandarte Real de Escocia .

Ademais do saltire , Escocia ten outro emblema, o Estandarte Real de Escocia , conecido comunmente como "Leon Rampante". Ainda que este emblema unicamente pode ser empregado polo Rei de Escocia , de acordo cun decreto do Parlamento de Escocia de 1672 , e comun velo en eventos deportivos, sen que ninguen sexa por agora xulgado por facer un uso ilegal do emblema.

"Leon Rampante" do Estandarte Real de Escocia

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]