한국   대만   중국   일본 
Atentado - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Atentado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O atentado non ten un concepto moi sinxelo de dar: definese como unha agresion ou desacato grave a autoridade, que tamen se considera coma unha ofensa a un principio de orde que se considera recto/a. Tamen e observado este concepto a traves do dereito penal e do codigo civil coma unha agresion contra a vida ou a integridade fisica, psiquica e moral dunha persoa. Na actualidade tendese a espallar o termo ao delito que leva consigo a violencia e resistencia grave na contra das autoridades, axentes en servizo de funcions publicas (gardas, policias etc...), sen chegar a rebelion ou a sedicion.

Exposicions [ editar | editar a fonte ]

Cando o atentado e realizado por persoas que portan sobre si algun tipo de obxecto capaz de ferir ou matar (independentemente do portador) a outras persoas soese considerar coma atentado suicida , este tipo de atentados acostuman carrexar ideoloxias de indole relixiosa, sectaria ou etnica. Pola contra adoita denominarse atentado terrorista a aquela agresion violenta contra a vida das persoas coa finalidade de crear un clima de inestabilidade politica ou de terror.

O dereitos e as suas lexislacions recollen nos seus artigos unha serie de figuras delituosas tendentes a proteccion do principio da autoridade, fora da nota esta o comun do ben xuridico protexido, falta a concordancia necesaria para dar unanimidade conceptual a esta variedade lexislativa. Nalgun pais (ocorre en Inglaterra ) o atentado non chega a ter consideracion delituosa autonoma considerandose un delito comun agravado "aggravated assault". E caracteristica a evolucion deste delito dende a antiga concepcion, que consideraba a sua existencia en calquera ataque as autoridades; por estimar que estas persoas encarnaban de seu os atributos de mando de maneira permanente e inseparable, ata a posicion moderna (que aparta a persoa da funcion) polo que so cando a ofensa vaia a esta derradeira pode considerarse coma atentado. Por esta razon, o delito e netamente intencional: precisa de intencion ou animo de menospreza-la funcion publica.

Cando a violencia ou resistencia grave produzan resultados de lesions na persoa, aplicarase un concurso de delitos (por ser varios nos que aparecen): un, o constituido polo dano sufrido pola persoa como tal e o outro, o que se supon a ofensa a funcion autoritaria.

Dereito Penal [ editar | editar a fonte ]

O termo atentado ten no Dereito penal unha significacion distinta a do linguaxe usual. Para o Dereito penal e o "nomen iuris" dunha especifica figura delituosa: a integrada pola conduta de quen empregan violencia o resistencia graves contra as persoas que exercen unha funcion publica, cando estean no exercicio da mesma ou con ocasion dela. Aparece tipificada con distintos nomes no Codigo Penal europeo. A sua finalidade e a de dispensar unha proteccion especial a quen desempenan funcions publicas, tanto en atencion a mesma funcion como a persoa que a exerce. Nalguns casos, esta tutela especial estendese as persoas da familia da autoridade ou funcionario protexido. Non e un privilexio persoal, pois para a constitucion do delito non basta coa condicion especial, senon que precisase ademais que o ataque se realice no exercicio da funcion ou con ocasion da mesma, o que implica que o suxeito activo tena conecemento dela.

O Codigo Penal espanol trata a materia (nos capitulos VI, III, II do libro H) de acordo coa doutrina dominante, a prolixa enumeracion de tipos que o lexislador fai pode ser reducida as seguintes figuras:

  • A) Atentado propio , realizado "polos que acometen a autoridade, os seus axentes ou os funcionarios publicos, empreguen forza contra eles, os intimiden gravemente, ou lles fixesen resistencia tamen grave, cando estean exercendo as funcions dos seus cargos ou con ocasion delas" (artigo 231, 2° paragrafo). Aqui, con notable repercusion na pena a imponer, podense distinguir o tipo basico (integrado polo atentado contra os axentes da autoridade, os funcionarios publicos ou as persoas que acudisen no seu auxilio) e unha serie de tipos cualificados: 1) atentado contra a autoridade; 2) atentado contra os ministros; 3) atentado contra persoas que desempenen misions ou cargos de especial transcendencia para a seguridade publica.
  • B) Atentado impropio , na realidade tratase de delitos de rebelion o sedicion ( resistencia a autoridade) nos que non concorre alzamento. "Cometen atentado os que sen alzarse publicamente, fixesen uso da forza ou intimidacion para algun dos fins sinalados nos delitos de rebelion ou sedicion" (artigo 231, 1º paragrafo). A aplicacion desta figura resulta imposible, porque o lexislador non sinala para ela pena algunha. Os supostos de "rebelion sen alzamento publico" poden ser subsumidos na primeira clausula do artigo 217, pero os de "sedicion sen alzamento" que escapen as previsions do artigo 222, e non constituan por si mesmos outro delito, teran de quedar impunes.
  • C) Atentado indirecto , que realizan os que acometen ou ameacen gravemente o conxuxe, fillos ou devanceiros do Xefe de Estado, dos ministros, autoridades ou funcionarios que desempenen mision ou cargo de especial transcendencia para a seguridade publica, sempre que a agresion ou ameaza tiver relacion coas funcions, mision ou cargo desempenado por aqueles (artigo 234).

A Lei organica 21/ 1986 do 13 de marzo , de Forzas e Corpos de Seguridade (no seu artigo 7, 2º paragrafo) converte os atentados contra axentes da autoridade (policias) do artigo 236 do Codigo Penal en atentados contra a autoridade do artigo 232 cando se empreguen na sua execucion "armas de fogo, explosivos e outros medios de agresion de analoga perigosidade".

Principais grupos sospeitosos de cometer atentados [ editar | editar a fonte ]

Espana [ editar | editar a fonte ]

Europa [ editar | editar a fonte ]

Resto do Mundo [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre politica e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.