Arquipelago de Zanzibar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa co arquipelago de Zanzibar

Zanzibar e un arquipelago do oceano Indico localizado na costa de Tanzania , no seu levante, formado por tres illas principais ( Unguja , Pemba e Mafia ) con numerosas outras illas.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Atopase fronte a costa oriental de Africa , con tres illas principais, Unguja , Pemba e Mafia , acompanadas de varias illas mais miudas, de illotes e arrecifes coralinos.

Unguja, erroneamente tamen chamada Zanzibar, e a illa principal do arquipelago, situada no centro, separada de Tanzania polo canal de Zanzibar e que ten a cidade mais grande do arquipelago: Zanzibar City . A illa de Pemba, separada de Tanzania pola canle de Pemba, e a illa principal da zona setentrional do arquipelago, mentres que a illa de Mafia, separada de Tanzania pola canle de Mafia, e a illa principal do sur.

As illas son pouco elevadas, sendo a altitude maxima do arquipelago de 130 metros en Koani, na illa de Unguja, e estan rodeadas parcialmente por arrecifes de coral que forman lagoons . O seu litoral e en ocasions moi entrecortado, con moitas peninsulas e baias, que conforman moitos portos naturais.

Algunhas das outras illas mais grandes son:

Historia [ editar | editar a fonte ]

As illas de Unguja e Pemba formanron durante seculos parte dunha entidade independente ( sultanato de Zanzibar e estado Zanzibar ), colonizada polo Reino Unido ( protectorado de Zanzibar ) e incorporada finalmente en Tanzania ( Goberno Revolucionario de Zanzibar ). A illa de Mafia sempre estivo integrada a Tanzania continental ( Africa Oriental Alema , protectorado de Tanganyika e Estado de Tanganica ).

Zanzibar foi o lugar dunha das guerras mais curtas da historia, que durou trinta e sete minutos, durante un enfrontamento entre os soldados britanicos e os soldados da illa de Zanzibar.

Na formacion de Tanzania pola asociacion dos estados de Tanganyika e Zanzibar, o arquipelago quedou englobado baixo un mesmo pais e dividido en seis rexions : Pemba Norte e Pemba Sur , na illa de Pemba; Unguja Central/Sur , Unguja Norte e Unguja Urbana/Oeste , na illa de Unguja. As seis rexions forman a entidade administrativa autonoma do Goberno Revolucionario de Zanzibar, mentres que a illa de Mafia incluese na Rexion de Pwani .

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Mapas de Pemba e Unguja

A maioria dos habitantes e das infraestruturas das illas de Unguja e Pemba atopanse no oeste das illas, xa que o coral impide a agricultura nas partes orientais. A cidade principal do arquipelago e capital do Goberno Revolucionario de Zanzibar e a cidade de Zanzibar ( Zanzibar City ), situada na illa de Unguja, que no 2002 contaba cunha poboacion metropolitana de 205.870 habitantes.

Clima [ editar | editar a fonte ]

O arquipelago de Zanzibar esta suxeito a un clima ecuatorial caracterizado por duas estacions de choivas : a mais importantes ( masika ) dura desde marzo ate maio, e a outra, mais pequena ( vuli ) dase a partir de mediados de outubro ate decembro. Entre ambas hai unha estacion seca, principalmente de xuno a outubro. O mes de febreiro e o mais calido e o mais frio e agosto. As illas, a pesar de estar moi proximas ao ecuador , salvanse do paso de ciclons .

Agricultura [ editar | editar a fonte ]

As principais culturas das illas de Unguja e de Pemba son o cravo de olor (no oeste das illas), o arroz e o coco (so en Unguja). O leste das illas e pouco propicio para a agricultura debido a presenza de solo coralino.

As industrias de transformacion do cravo e do coco encontranse en Unguja, na cidade de Zanzibar.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]