Antioquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAntioquia
Antakya (tr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia a Antioco (pai de Seleuco I Nicator) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Mapa
  36°12′09″N 36°09′38″L  /  36.2025, 36.1606 Coordenadas : 36°12′09″N 36°09′38″L  /  36.2025, 36.1606
Estado Turquia
Provincia Hatay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Hatay (pt) Traducir (1939?) Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 377.793 (2018) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficial lingua turca Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Altitude 67 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Identificador descritivo
Codigo postal 31000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 326 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Aalen
Kiel (2012?) Editar o valor em Wikidata

Paxina web antakya.bel.tr Editar o valor em Wikidata
Facebook: AntakyaBld Twitter: AntakyaBld Editar o valor em Wikidata
O rio Orontes ao seu paso por Antioquia.
Os muros de Antioquia subindo polo Monte Silpius na epoca das cruzadas.
Este artigo e sobre unha cidade de Oriente Proximo. Para o departamento colombiano , vexase Antioquia .

Antioquia (en turco : Antakya ; ou "Αντι?χεια" en grego ) e unha cidade que se atopa na rexion do Mediterraneo de Turquia . E a capital da provincia de Hatay e conta con 360.652 habitantes.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Situada na marxe oriental do rio Orontes , foi fundada a finais do seculo IV a.C. por Seleuco I Nicator como capital do seu imperio en Siria . Seleuco I servira como xeneral con Alexandre o Grande e o nome de Antiochus era frecuente entre membros da sua familia.

Antioquia ocupa un importante lugar na historia do cristianismo . Foi nesta cidade onde Paulo predicou o seu primeiro sermon cristian nunha sinagoga e onde os seguidores de Xesus foron chamados cristians por primeira vez ( Feitos dos Apostolos 11,26). Ao expandirse o cristianismo, Antioquia foi unha das sedes dos catro patriarcados orixinais, xunto con Xerusalen , Alexandria e Roma .

Antioquia foi chamada a Raina de Oriente, situada sobre o camino entre Oriente e Occidente e como tal un importante centro de comercio. Durante moitos seculos foi unha das principais cidades do Imperio Romano , cunha poboacion de medio millon de habitantes. O emperador Aureliano erixiu varias estruturas publicas monumentais e logo Constancio II construiu unha catedral octogonal, a cal foi destruida nun terremoto no ano 526 . Os persas capturaron a cidade no 540 . Os bizantinos recuperaron Antioquia, pero finalmente sucumbiu ante os musulmans no 636 .

A cidade ( ???????? , Ant?kiyyah en arabe ) permaneceu baixo control arabe ata 969 , cando foi recuperada polo emperador bizantino Niceforo II Focas. A cidade caeu novamente en 1085 ; esta vez, a mans dos turcos selxucidas . Trinta anos despois foi conquistada polos cruzados durante a Primeira Cruzada e converteuse en capital do Principado de Antioquia . A maior parte dos seculos XII e XIII estivo baixo os cruzados, ata que foi capturada polo sultan mameluco Baibars en 1268 . Este destruiu a cidade de tal xeito que nunca mais volveu ser unha cidade importante.

En 1517 foi conquistada polos otomans e pasa a formar parte do Imperio Otoman ata o fin da primeira guerra mundial , pasando enton a formar parte da moderna Turquia , a pesar de que na actualidade siga sobrevivindo un forte sentimento sirio entre os seus habitantes. Antakya e hoxe a capital da provincia turca de Hatay .

Outras moitas cidades do imperio seleucida foron chamadas Antioquia, a maioria fundadas por Seleuco I Nicator .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]