한국   대만   중국   일본 
Alosinos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alosinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dos alosinos ( Alosinae ) e unha subfamilia de peixes teleosteos da familia dos clupeidos ( Clupeidae ). Mais da metade das suas especies, pertencentes ao xenero Alosa , habitan en augas europeas e do Atlantico occidental, mentres que as demais se distribuen polo oeste de Africa , a rexion Indo - Pacifica e o Pacifico oriental.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Os alosinos son relativamente grandes, comparados con outros clupeidos. Algunhas especies poden chegar aos 60 cm de longo, pero o tamano medio e de 20 a 30 cm. O seu ventre e escamoso, e o xenero Ethmidium tamen presenta escamas na parte anterior do lombo (antes da aleta dorsal).

A aleta dorsal esta situada no centro do lombo, e as aletas pelvianas estan implantadas xusto por debaixo dela. A aleta anal e curta e esta claramente por detras da aleta dorsal. As aletas pelvianas estan sostidas por de seis a oito raios brandos.

Algunhas especies tenen moellas no tubo dixestivo.

A sua cor e xeralmente prateada, cunha mancha escura a miudo detras das aberturas branquiais ( operculos , e algunhas especies tenen tamen unha fila de puntos ao longo dos flancos do corpo.

Habitat e bioloxia [ editar | editar a fonte ]

As especies dos Alosinae viven no mar cerca da costa, nas augas salobres dos esteiros e tamen as hai de auga doce. Algunhas especies son anadromas (migran do mar para os rios para reproducirense)

Todas as especies forman cardumes .

Alimentanse de diversos invertebrados e pequenos peixes . Alguns son filtradores (xenero Ethmalosa ) alimentandose de fitoplancto .

Xeneros e especies [ editar | editar a fonte ]

Brevoortia tyrannus .
Ethmalosa fimbriata .
Tenualosa ilisha .

Usos [ editar | editar a fonte ]

Moitas especies, especialmente dos xeneros Alosa , Brevoortia e Tenualosa son de importancia economica para a pesca.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World . John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7 .
  • Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings . Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26?32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO . Resumo en PDF

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]