한국   대만   중국   일본 
Alosa (xenero) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alosa (xenero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o glicido de mesmo nome vexase Alosa

Alosa e un xenero de peixes teleosteos eurihalinos da familia Clupeidae . Tratase dun taxon ?que e o tipo da subfamilia dos alosinos ( Alosinae , Svetovidov , 1953 )? cuxos representantes son peixes marinos, pero que son capaces de remontaren os rios, conecidos como zamborcas .

Distribuense polas costas do oceano Atlantico e o mar Mediterraneo , con algunha especie presente no golfo Persico .

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Alosa deriva do latin tardio alosa ou alausa certo peixe citado por Ausonio , quizais influido polo grego ?λ?, ?λ?? hals , halos "sal", e dicir, do sal , aludindo a presenza destes peixes en augas salobres.

Taxonomia [ editar | editar a fonte ]

A sistematica do xenero e extremadamente complexa: as especies de Alosa viven en multitude de habitats distintos, e moitos taxons son migratorios. Incluso hai poblacions recluidas en lagos ?en Killarney ( Irlanda ) e en dous lagos do norte de Italia ? cun fluxo xenetico nulo fora do nucleo confinado endogamico . Tamen hai especies nativas dos mares Negro e Caspio , asi como do golfo Persico .

A sua morfoloxia e variada, estando moi relacionada coa adaptacion aos habitats nos que o taxon vive. Asumese que alguns taxa son de evolucion recente, o que se deduce mediante modernas tecnicas de datacion molecular. Ademais, parece que o fenomeno da hibridacion foi moi comun na evolucion do grupo durante a sua filoxenia . [ 1 ]

Poren, logrouse definir unha taxonomia tentativa. As especies norteamericanas, excepto A. sapidissima poden escindirse nun subxenero, ou mesmo nun xenero, denominado Pomolobus . Por outra parte, outro xenero ou subgenero proposto Caspaliosa , que agruparia as especies do mar Caspio, resultou ser parafiletico e, por tanto, rexeitado. [ 1 ]

Especies [ editar | editar a fonte ]

( Nota: os nomes vulgares galegos son os propostos por Lahuerta e Vazquez). [ 2 ]

Alosa aestivalis .
Alosa alosa .
Alosa pseudoharengus .
Alosa sapidissima .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Faria, R.; Weiss, S. & Alexandrino, P. (2006): "A molecular phylogenetic perspective on the evolutionary history of Alosa spp. ( Clupeidae )". Molecular Phylogenetics and Evolution 40 (1): 298?304. [Resumo
  2. Lahuerta e Vazquez (2000), p. 65.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Lahuerta Mourino, F. e Vazquez Alvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingue de organismos acuaticos . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8 .
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nystrom (1998): Peces de mar del Atlantico y del Mediterraneo . Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2 .
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World . John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7 .
  • Svetovidov, A. N. (1943): "O xenero Alosa nos mares Caspio e Negro e as condicions da sua especiacion". Zool. Journal . 22 (4) S.: 222-232. (en ruso )
  • Svetovidov, A. N. (1952): Fauna da URSS . Peixes. Volume 2, nº 1. Clupeidos ( Clupeidae ). Moscova-Leningrado: Editorial da Academia Rusa das Ciencias. (en ruso )

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]