한국   대만   중국   일본 
Alfabeto semaforo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alfabeto semaforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un membro da Armada dos Estados Unidos sinalando a letra U usando a linguaxe semaforo.

O semaforo ou alfabeto semaforo e un sistema de comunicacion no que se utiliza a posicion dos brazos para representar cada letra do alfabeto, incluido no codigo internacional de sinais da Organizacion Maritima Internacional . [ 1 ] E un sistema para usar de dia, xa que se utilizan bandeiras para identificar claramente a posicion dos brazos (para comunicacion nocturna e preferible empregar fachos no canto de bandeirinas ou utilizar o codigo morse cunha lanterna ou outra fonte de luz).

Orixinalmente creouse para representar o alfabeto ingles, polo que non inclue caracteres non ingleses e ate o dia de hoxe non existe consenso sobre como facelo, o que deu pe a numerosas "solucions" que non foron aceptadas universalmente.

Alfabeto [ editar | editar a fonte ]

Un dos xeitos mais sinxelos de aprender o alfabeto semaforo e dividilo en catro seccions (ou "voltas", no entendido de que lembran as voltas das agullas do reloxo). A continuacion, o alfabeto semaforo presentase tal como o ve o suxeito que recibe a mensaxe, diferenciando cada "volta":

Posicion de descanso



Inician ou finalizan numeros



Erro



Cancelar



Primeira volta

A / 1



B / 2



C / 3 / Recibido/Correcto



D / 4



E / 5



F / 6



G / 7



Segunda volta

H / 8



I / 9



J / Inician ou finalizan letras



K / Cero



L



M



N



Terceira volta



O


P


Q


R


S


T


U

Cuarta volta

V



W



X



E



Z



Emision e recepcion de mensaxes [ editar | editar a fonte ]

Cando se transmite unha mensaxe, a posicion de descanso so debe tomarse cando remate unha palabra. Dentro dunha palabra, un vai dunha letra a outra sen pasar pola posicion de descanso, mantendo a letra durante 3 a 5 segundos. Para unha comunicacion mais fluida entre o receptor e o emisor, recomendase que estes sexan equipos de duas persoas: un coas bandeiras ou fachos (encargada de emitir a mensaxe) e o outro cun caderno e lapis (para anotar a mensaxe recibida). Como no codigo morse , hai convencions para comezar e rematar unha mensaxe:

Signo Uso e significado
VE VE Atencion (listo para iniciar mensaxe)
K Listo para recibir (resposta a "atencion" se se esta listo para recibir)
Q Esperar (resposta a "atencion" se non se esta listo para recibir)
EEEEEEEE (8 E) Erro (pode usarse en substitucion do sinal incluido mais arriba)
A Entendido (usada para contestar todos os sinais se non se especifica o contrario)
AR AR Fin da mensaxe
A Mensaxe recibida (resposta a "fin da mensaxe")

Na cultura popular [ editar | editar a fonte ]

  • O logotipo usado como simbolo da paz foi creado a partir das letras N e D do alfabeto semaforo [ 2 ] [ 3 ]
  • Nun principio o seu uso foi militar, pero forma tamen forma parte do adestramento dos adventistas desbravadores ou dos scouts tras ser incluido por Baden-Powell en Scouting for boys.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. " " El Codigo Internacional de Senales " " (en castelan ) . Consultado o 9 de outubro de 2020 .  
  2. Ghafos (2018-01-29). "GHAFOS - EDNL CEIP CAMPOLONGO: Un dos simbolos da Paz" . GHAFOS - EDNL CEIP CAMPOLONGO . Consultado o 2022-04-19 .  
  3. "¿Que es el simbolo de la Paz?" . logogratis.com/blog/simbolo-de-la-paz-que-es/ (en castelan ) . 2019-08-07. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2022 . Consultado o 2022-04-19 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]