Aeroxel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A flor non se queima baixo o lume do chisqueiro Bunsen debido as propiedades illantes do aeroxel.
Un ladrillo de 2,5 kg soportado por 2 g de aeroxel.

O aeroxel e unha substancia coloidal similar ao xel no cal o componente liquido e substituido por un gas obtendo como resultado un solido de moi baixa densidade (3 mg/cm³ ou 3 kg/m³) e altamente poroso, con certas propiedades moi sorprendentes, como e a sua enorme capacidade de illamento termico . O 99´8 % e ar.

Este material esta xeralmente composto por un 90,5% a un 99,8% de ar , e mil veces menos denso que o vidro e unhas tres veces mais denso que o ar. Familiarmente e denominado fume conxelado , fume solido ou fume azul debido a sua natureza semitransparente. Ao tacto, ten unha consistencia similar a espuma de polistireno .

Posue un indice de refraccion do 1,0, moi baixo para un solido. A velocidade do son a traves del e moi baixa, 100 m/s. O seu aspecto e " fantasmagorico " e ten unha resistencia considerable posto que soporta mais de 1 000 veces o seu peso .

Esta substancia foi creada por Samuel Stephens Kistler en 1931 , como resultado dunha aposta entre el e Charles Learned, sobre quen poderia substituir o liquido dun tarro de marmelada por gas sen que o volume deste diminuise.

O aeroxel podese fabricar a partir de moi diferentes materiais; as investigacions de Kistler consistian en aeroxeis baseados en silice , circonio , alumina , oxido de cromo , estano e carbono .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]