한국   대만   중국   일본 
ARNr 18S - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

ARNr 18S

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ARNr 18S (ou 18S rRNA) e un tipo de ARN ribosomico cun coeficiente de sedimentacion de 18 svedberg (18S), que forma parte estrutural da subunidade menor (de 40S ) dos ribosomas eucariotas citosolicos , polo que esta presente en todas as celulas eucariotas. Este ARNr e o homologo eucariota citosolico do ARNr 16S presente nos ribosomas procariotas e mitocondriais .

Os xenes que codifican este ARN denominanse xenes do ARNr 18S . Os datos da secuencia destes xenes utilizanse moito nas analises moleculares para reconstruir a historia evolutiva dos organismos, especialmente en vertebrados , xa que sua baixa taxa evolutiva faino axeitado para reconstruir as diverxencias antigas.

Usos en filoxenia [ editar | editar a fonte ]

O xene do ARNr 18S da subunidade ribosomica menor (SSU) e un dos xenes mais frecuentemente usados en estudos filoxeneticos e un importante marcador para a reaccion en cadea da polimerase (PCR) de diana aleatoria en cribados de biodiversidade ambiental. [ 1 ] En xeral, as secuencias do xene do ARNr son de acceso facil debido a que tenen rexions flanqueantes altamente conservadas que permiten o uso de cebadores universais. [ 1 ] A sua disposicion repetitiva ao longo do xenoma proporciona cantidades excesivas de ADN molde para a PCR, incluso nos organismos mais pequenos. A molecula codificada no xene do ARNr 18S forma parte do nucleo funcional do ribosoma e este xene esta exposto a forzas evolutivas similares en todos os seres vivos. Asi, cando se publicaron os primeiros estudos filoxeneticos a grande escala baseados en secuencias do 18S (a primeira e mais importante filoxenia do reino animal feita por Field et al. (1988)) [ 2 ] o xene foi considerado o principal candidato a usar para reconstruir a a arbore da vida dos metazoos . [ 1 ] E, de feito, posteriormente as secuencias do 18S proporcionaron evidencias para a division dos Ecdysozoa e Lophotrochozoa , polo que contribuiu ao cambio revolucionario mais recente na nosa comprension das relacions entre dos metazoos. [ 1 ]

Poren, durante a ultima parte da decada de 2000, e cun numero crecente de taxons incluidos nas filoxenias moleculares, fixeronse evidentes dous problemas. Primeiro, existen impedimentos de secuenciacion predominantes en representantes de certos taxons, como os moluscos das clases Solenogastres e Tryblidia , taxons de bivalvos seleccionados e a enigmatica clase de crustaceos Remipedia . [ 1 ] Fracasar a hora de obter as secuencias 18S dun determinado taxon e considerado un fenomeno comun, pero raramente se informa del. [ 1 ] En segundo lugar, a diferenza das altas esperanzas iniciais que se tinan, o 18S non pode resolver nodos en todos os niveis taxonomicos e a sua eficacia varia considerablemente entre clados . Isto foi discutido como un efecto da rapida radiacion antiga en curtos periodos de tempo. Pensase actualmente que as analises multixene dan resultados mais fiables para trazar eventos de ramificacion profunda en Metazoa, pero o 18S ainda e amplamente utilizado e analises filoxeneticas. [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Meyer A., Todt C., Mikkelsen N. T. & Lieb B. (2010). "Fast evolving 18S rRNA sequences from Solenogastres (Mollusca) resist standard PCR amplification and give new insights into mollusk substitution rate heterogeneity". BMC Evolutionary Biology 10 : 70. doi   10.1186/1471-2148-10-70
  2. Field K. G., Olsen G. J., Lane D. J., Giovannoni S. J., Ghiselin M. T., Raff E. C., Pace N. R. & Raff R. A. (1988). "Molecular phylogeny of the animal kingdom". Science 239 (4841): 748-753. doi   10.1126/science.3277277 .

Este artigo incorpora texto con licenza CC-By-2.0 da referencia: Meyer A., Todt C., Mikkelsen N. T. & Lieb B. (2010). "Fast evolving 18S rRNA sequences from Solenogastres (Mollusca) resist standard PCR amplification and give new insights into mollusk substitution rate heterogeneity". BMC Evolutionary Biology 10 : 70. doi 10.1186/1471-2148-10-70