한국   대만   중국   일본 
ADP-ribosa ciclico - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

ADP-ribosa ciclico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ ADPRc ≫)
ADP-ribosa ciclico
Identificadores
Numero CAS 119340-53-3
PubChem 123847
MeSH Cyclic+ADP-Ribose
ChEBI CHEBI:31445
Ligando IUPHAR 2445
Propiedades
Formula molecular C15H21N5O13P2
Masa molecular 541,301

Se non se indica outra cousa, os datos estan tomados en condicions estandar de 25 °C e 100 kPa.

O ADP-ribosa ciclico , frecuentemente abreviado como ADPRc (en ingles cADPR), e un nucleotido de adenina ciclico (parecido ao AMP ciclico ) que se pode describir como un ADP que esta unido a unha ribosa adicional que se enlaza formando un ciclo coa adenina e co ultimo fosfato do ADP. Por tanto, molecula ten duas ribosas.

A ribosa adicional unese por enlace N-glicosidico establecido entre o carbono 5' de dita ribosa e o nitroxeno en posicion 1 da adenina (que xa estaba enlazada polo nitroxeno en posicion 9 a outra ribosa) [ 1 ] [ 2 ] . O enlace glicosidico N 1 e o que distingue a ADPRc da ADP-ribosa (ADPR), o seu analogo non ciclico, que leva a ribosa adicional so unida ao fosfato.

O ADPRc producese a partir do NAD + polo encima ADP-ribosil ciclase (co numero EC 3.2.2.5) como parte dun sistema de segundo mensaxeiro .

Funcions [ editar | editar a fonte ]

O ADPRc funciona como un mensaxeiro celular na sinalizacion celular por calcio . [ 3 ] E o modulador alosterico fisioloxico do receptor de rianodina (RyR), que estimula a liberacion de calcio inducida polo calcio a concentracions citosolicas baixas de Ca 2+ . A activacion do RyR con altas concentracions de cafeina e debida en parte a que a cafeina parece que pode unirse tamen a dito receptor, mimetizando os efectos do ADPRc. Se a accion se realiza por union directa do ADPRc ao RyR ou indirecta (por medio da union con FKBP12.6) ainda se debate. Alguns informes suxiren que a union do ADPRc produce FKBP12.6, o cal normalmente se une ao RyR2, facendo que se desactive o RYR2.

Metabolismo [ editar | editar a fonte ]

O ADPRc e o ADPR sintetizanse a partir do NAD + polos encimas bifuncionais da familia proteica de CD38 (que tamen inclue o CD157 ancorado a GPI e a ADP ribosil ciclase especifica monofuncional do molusco Aplysia ). [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] Os mesmos encimas poden tamen hidrolizar o ADPRc a ADPR . A catalise realizase por medio dun intermediato covalente. A reaccion de hidrolise e inhibida polo ATP , o que fai que se acumule o ADPRc. A sintese e degradacion do ADPRc polos encimas da familia de CD38 implica, respectivamente, a formacion e a hidrolise dun enlace N 1 -glicosidico . En 2009, informouse do descubrimento do primeiro encima con capacidade de hidrolizar no ADPRc o enlace fosfoanhidrido , e dicir, o que se establece entre os dous grupos fosfato. [ 7 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Lee HC, Walseth TF, Bratt GT, Hayes RN, Clapper DL (1989). "Structural determination of a cyclic metabolite of NAD + with intracellular Ca 2+ -mobilizing activity". J. Biol. Chem. 264 (3): 1608?15. PMID   2912976 .  
  2. Lee HC, Aarhus R, Levitt D (1994). "The crystal structure of cyclic ADP-ribose". Nat. Struct. Biol. 1 (3): 143?4. PMID   7656029 . doi : 10.1038/nsb0394-143 .  
  3. Guse AH (2004). "Regulation of calcium signaling by the second messenger cyclic adenosine diphosphoribose (cADPR)". Curr. Mol. Med. 4 (3): 239?48. PMID   15101682 . doi : 10.2174/1566524043360771 .  
  4. Prasad GS, McRee DE, Stura EA, Levitt DG, Lee HC, Stout CD (1996). "Crystal structure of Aplysia ADP-ribosyl cyclase, a homolog of the bifunctional ectozyme CD38". Nat. Struct. Biol. 3 (11): 957?64. PMID   8901875 . doi : 10.1038/nsb1196-957 .  
  5. Liu Q, Kriksunov IA, Graeff R, Munshi C, Lee HC, Hao Q (2005). "Crystal structure of the human CD38 extracellular domain". Structure 13 (9): 1331?9. PMID   16154090 . doi : 10.1016/j.str.2005.05.012 .  
  6. Guse AH (2004). "Biochemistry, biology, and pharmacology of cyclic adenosine diphosphoribose (cADPR)". Curr. Med. Chem. 11 (7): 847?55. PMID   15078169 . doi : 10.2174/0929867043455602 .  
  7. Canales J, Fernandez A, Rodrigues JR, Ferreira R, Ribeiro JM, Cabezas A, Costas MJ, Cameselle JC (2009). "Hydrolysis of the phosphoanhydride linkage of cyclic ADP-ribose by the Mn 2+ -dependent ADP-ribose/CDP-alcohol pyrophosphatase". FEBS Lett. 583 (10): 1593?8. PMID   19379742 . doi : 10.1016/j.febslet.2009.04.023 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

The web page of Dr. Hon Cheung Lee, the discoverer of cyclic ADP-ribose.

Cyclic ADP-ribose and NAADP. The first book on these two second messengers.