?esky sen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xente dirixindose cara ao hipermercado ficticio
Ficha tecnica
Titulo orixinal ?esky sen
Director Vit Klusak
Filip Remunda
Produtor ?eska televize
FAMU
Hypermarket Film
Studio Mirage
Guion Vit Klusak
Filip Remunda
Musica Varhan Orchestrovich Bauer
Fotografia Vit Klusak
Filip Remunda
Montaxe Zden?k Marek
Estrea 3 de xuno de 2004
Duracion 90 minutos
Orixe Republica Checa
Xenero Documental
Orzamento 19 millons de coroas checas
Na rede
http://www.ceskatelevize.cz/specialy/ceskysen
IMDB: tt0402906 Filmaffinity: 876350 Allocine: 60633 Allmovie: v310067 TCM: 643029 Metacritic: movie/czech-dream Netlix: 70056718Editar o valor em Wikidata

?esky sen (en checo O sono checo ) e un filme documental dirixido por Vit Klusak e Filip Remunda , estreado en febreiro de 2004. Narra un engano a grande escala levado a cabo polos propios directores entre a sociedade de Praga , culminando no evento de apertura dun falso hipermercado . O filme era o seu proxecto final para a escola de filme na que estudaban.

O filme acadou premios en festivais en Cracovia , Jihlava , Liubliana e Arhus .

O proxecto [ editar | editar a fonte ]

A idea do engano veu desde un estudo feito en 2002, informando que o 30 % dos checos mercaba principalmente nos hipermercados. Houbo unha crecente preocupacion no pais sobre o aumento da publicidade e do consumismo . Ao xeito dun espello que reflectise a sociedade, o filme tamen mostra o traballo das empresas publicitarias e os seus metodos e trucos.

Trama [ editar | editar a fonte ]

A pelicula comeza con imaxes de arquivo de 1989 , cando a caida do comunismo en Checoslovaquia .

Publicidade [ editar | editar a fonte ]

Remunda e Klusak inventaron o Hipermercado "?esky sen" e crearon unha campana publicitaria masiva arredor del. Vestidos coma empresarios, os dous estudantes contrataron unha axencia de publicidade e unha axencia de relacions publicas para crearen unha campana para eles. Instalaronse carteis grandes e paneis luminosos nas estradas e ruas checas, e 200.000 panfletos foron distribuidos en Praga. Gravouse un jingle e fixose unha serie de anuncios televisivos. A campana publicitaria buscaba un impacto no lector, con slogans coma "non vena" ou "non gaste".

Os directores lograron levar a 3.000 [ 1 ] compradores a unha chaira baleira para a sua "apertura esplendida" o 31 de maio de 2003. O que parecia un edificio enorme desde unha certa distancia, era so unha fachada de tea apoiada por estadais.

Malia que a inauguracion estaba prevista para as 10 da mana, a primeira clienta chegou 3 horas antes. A afluencia de xente foi aumentando, debido a coincidencia cun eclipse de Sol que tivo lugar esa mana e que animou a xente a sair da casa.

A revelacion do engano [ editar | editar a fonte ]

Antes da inauguracion repartironse agasallos entre os asistentes (bandeiras e chaveiros), e un mestre de cerimonias desde unha palestra animaba a concorrencia a cantar o jingle . Os directores, ficticios xerentes do hipermercado, cortaron unha fita e a xente comezou a dirixirse cara ao hipermercado (algunhas persoas mesmo correndo), situado a uns 300 metros.

Ao se decataren os clientes do engano, as reaccions foron moi diferentes. Houbo quen entendeu a mensaxe da pelicula e quen non. Alguns tomaron a brincadeira con bo humor, mais a maioria estaba enfadada, e moitos culpaban mesmo ao goberno e a Union Europea .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Czech Television , 14 de maio de 2007.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]