한국   대만   중국   일본 
Arbore do te - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Arbore do te

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • A arbore do te non ten nada en comun coa planta do te (planta) .

A arbore do te [ 1 ] ( Melaleuca alternifolia ), tamen conecido coma arbore do te de follas estreitas ( Narrow-leaved Tea-tree en ingles) e unha especie de arborina autraliana do xenero de plantas Melaleuca ( familia : Myrtaceae (as mirtaceas). Ten multitude de usos cosmeticos e medicinais.

Distribucion e habitat [ editar | editar a fonte ]

E nativo de Australia , medrando en terreos humidos e lamacentos da costa norte de Nova Gales do Sur .

Descricion [ editar | editar a fonte ]

E un arbusto ou arborina que acada os 5 metros de altura. As follas son estreitas e recendentes, lineares, de 10 a 35 mm de longo e 1 mm de largo. As flores son abrancazasas e medran en espigas de 3?5 cm de longo. O froito e miudo e ligneo, en forma de copa mide 2?3 mm de diametro. [ 2 ]

Propiedades [ editar | editar a fonte ]

  • Desta planta obtense un aceite esencial chamado igualmente arbore do te que e antiseptico , antifunxico e antibiotico ;
  • Ten efectos cicatrizantes polo seu contido antibiotico;
  • Usase coma antiseptico e desodorizante en xampus e xabons comerciais;
  • Utilizase coma axente medicinal para tratar unha chea de affeccions da pel;
  • E moi efectivo en afeccions da gorxa e boca facendo gargarexos cunhas pingas do oleo e unha pouca auga.

As pescudas sobre as suas propiedades curativas nas ultimas decadas levou cada vez a mais facultativos da escola ortodoxa a recomendar preparados elaborados a base de aceite da arbore do te coma substituintes de medicamentos sinteticos.

Composicion quimica [ editar | editar a fonte ]

A droga e un aceite esencial ( Melaleuca alternifoliae aetheroleum ) sendo un liquido de incoloro a ambar palido, cun cheiro forte caracteristico. Obtense das follas e polas novas por destilacion.

Este aceite ten un centenar de componentes. Os principais componentes quimicos son unha mestura complexa de alcois mono e sesquiterpenicos :

  • Terpinen-4-ol (29?45%)
  • γ -terpina (10?28%)
  • α -terpina (2,7?13%)
  • 1,8-cineol (4,5?16,5%)

Efectos secundarios do aceite esencial da arbore do te [ editar | editar a fonte ]

Compre empregar o aceite en uso externo e nunca inxerilo. Poden existir fenomenos de alerxias .

Este aceite e toxico a pequenas doses se o tragan os animais de compana. [ 3 ] [ 4 ] En humanos tenense descritos numerosos efectos secundarios. [ 5 ] [ 6 ] [ 7 ] Os sintomas incluen a ataxia , mareos , nauseas e certa desorientacion. O coma pode ocorrer con fortes doses.

Podese utilizar como componente en cremas, a condicion de que estes ultimos se reserven aos adultos e que non sexan tragados.

O oleo semella tamen ter propiedades estroxenicas tendoo coma responsabel do aumento dos seos ( xinecomastia ) en rapaces que, sen acadar a puberdade , utilizaron xabons que continan este aceite. [ 8 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ningun dicionario galego recolle o nome desta especie; o nome vulgar escollido e igual que o vulgar das outras linguas achegadas: portugues: arvore-do-cha , castelan: arbol del te , catalan: arbre del te , frances: arbre a the , ingles: tea-tree .
  2. Harden, G.J., (ed), Flora of New South Wales, Vol. 2 , 1991, ISBN 0-86840-172-2
  3. (en ingles) Hammer K, Carson C, Riley T, Nielsen J (2006). "A review of the toxicity of Melaleuca alternifolia (tea tree) oil.". Food Chem Toxicol 44 (5): 616?25. PMID 16243420 .  
  4. Tea Tree Oil - Drugs & Vitamins - Drug Library - DrugDigest
  5. (en ingles) Del Beccaro M (1995). "Melaleuca oil poisoning in a 17-month-old.". Vet Hum Toxicol 37 (6): 557?8. PMID 8588296 .  
  6. (en ingles) Jacobs M, Hornfeldt C (1994). "Melaleuca oil poisoning.". J Toxicol Clin Toxicol 32 (4): 461?4. PMID 8057407 .  
  7. Morris M, Donoghue A, Markowitz J, Osterhoudt K (2003). "Ingestion of tea tree oil (Melaleuca oil) by a 4-year-old boy.". Pediatr Emerg Care 19 (3): 169?71. PMID 12813303 .  
  8. (en ingles) Prepubertal gynecomastia linked to lavender and tea tree oils Arquivado 15 de febreiro de 2010 en Wayback Machine ., Derek V. Henley, Natasha Lipson, Kenneth S. Korach, Clifford A. Bloch, New Eng J Med, 2007;356:479-485
  • ↑ (en)Hammer K, Carson C, Riley T, Nielsen J (2006). "A review of the toxicity of Melaleuca alternifolia (tea tree) oil.". Food Chem Toxicol 44 (5): 616-25. PMID 16243420 .
  • ↑ ^ [1]
  • ↑ (en)Del Beccaro M (1995). "Melaleuca oil poisoning in a 17-month-old.". Vet Hum Toxicol 37 (6): 557-8. PMID 8588296 .
  • ↑ (en)Jacobs M, Hornfeldt C (1994). "Melaleuca oil poisoning.". J Toxicol Clin Toxicol 32 (4): 461-4. PMID 8057407 .
  • ↑ Morris M, Donoghue A, Markowitz J, Osterhoudt K (2003). "Ingestion of tea tree oil (Melaleuca oil) by a 4-year-old boy.". Pediatr Emerg Care 19 (3): 169-71. PMID 12813303 .
  • ↑ (en)Prepubertal gynecomastia linked to lavender and tea tree oils, Derek V. Henley, Natasha Lipson, Kenneth S. Korach, Clifford A. Bloch, New Eng J Med, 2007;356:479-485

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Propiedades, cultivo e usos da arbore do te (en castelan) [ Ligazon morta ]