Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gatocan
(en
ingles
:
CatDog
) foi unha serie de debuxos animados estadounidense do canal
Nickelodeon
, creada por
Peter Hannan
.
Conta a historia de dous irmans siameses: un gato intelixente e racional e un can idiota e alegre, ambos constituen un corpo onde cada punta posue unha cabeza e un par de patas. Os dous forman a criatura chamada GatoCan,
CatDog
na version orixinal. Durou entre
1998
e
2001
.
GatoCan foi separado dos seus pais (un sapo e unha criatura peluda, estilo
Home do Ieti
ou
Pes Grandes
) por un tornado. Dende enton viven nunha casa con formato de peixe e
oso
na cidade de Pretoburgo (Nearburg), xunto cun rato azul.
GatoCan sempre se mete en confusos enredos cunha banda de cans, formada polo xefe Blefe, xunto con Biluca e Chilique.
O programa nunca foi moi popular en ningunha parte do mundo, pero posue unha relativa lexion de fans de proporcions razoables, formada principalmente polo publico preescolar e preadolescente, non obstante, ten algunha mensaxe mais dirixida os adultos.
No
Xabarin Club
(
TVG
) foi emitido por primeira vez no ano
2004
.