En
xenetica
, un
clon
(
grego
κλ?νο?
kl?n
, ‘fillo’) e un conxunto de seres xeneticamente identicos que descenden dun mesmo individuo por mecanismos de reproducion asexual.
O termo foi creado en
1903
por H. J. Webber coa explicita intencion de contribuir ao desenvolvemento lexico da enton nova ciencia da
xenetica
, e ese uso e o unico valido na linguaxe cientifica. Respondia a necesidade de referirse a unha variedade de cultivo multiplicada exclusivamente de maneira vexetativa (mediante esgallos ou estacas), como era e e comun respecto das arbores froiteiras. Os individuos xerados asi son xeneticamente identicos, o mesmo que os que se obtenen por
partenoxenese
ou mesmo por mecanismos sexuais de reproducion cando a
homocigose
e completa e a
recombinacion xenetica
imposible. Pode chamarse reproducion clonal a
reproducion asexual
, ainda que non e un uso moi estendido.
Nos ultimos decenios foi crecendo outra acepcion, popularizada pola prensa e o cine, de acordo coa cal un clon e un individuo identico a outro obtido por tecnicas xeneticas mais ou menos imaxinarias. Os clons asi definidos non existen, na medida en que o
fenotipo
non depende so do
xenotipo
, senon de mecanismos epigeneticos e de desenvolvemento nos que intervenen outros factores. Este uso actual do termo clon pode rastrexarse ate o libro
O shock do futuro
(
1970
) do influente
xornalista
e activista estadounidense Alvin Toffler.
Na natureza a reproducion asexual ou clonal e moi frecuente, especialmente entre organismos unicelulares, como
bacterias
e moitos protistas, ainda que case sempre alternando con fases de
reproducion sexual
(ou parasexual), que aumentan a diversidade xenotipica da poboacion.
Do uso de clon deriva o de clonacion. A clonacion e a accion de producir unha entidade bioloxica (
xene
,
cromosoma
,
celula
ou
organismo
) xeneticamente identica a outra a partir dunha existente. En contextos cientificos o termo usase principalmente para a
reproducion
identica de moleculas hereditarias (
clonacion de ADN
).
A clonacion de organismos e practicada sen conecementos tecnicos especiais na maioria das plantas vivaces, por medio de esgallos ou estacas. En animais producense novos individuos a partir de fragmentos do corpo doutros en grupos relativamente simples, como as
planarias
, ou con elevadas capacidades de rexeneracion espontanea, como
anelidos
(lombrigas de terra) ou
equinodermos
(estrelas de mar).
A clonacion artificial de vertebrados basease en substituir o nucleo dun
ovulo
sen fecundar, polo nucleo dunha celula adulta do individuo que se quere clonar. Resulta asi o equivalente a un
cigoto
viable. A tecnica (chamada de transferencia nuclear) aplicouse con exito a ras desde
1952
, pero non se logrou con
mamiferos
ate hai unha decada.
Calendario de exitos:
Na pelicula
Os nenos do Brasil
mostrase detalladamente o que se sabia nos
anos 80
respecto diso.
A clonacion, no sentido de multiplicacion asexual, de seres humanos non debe ter a longo prazo obstaculos tecnicos insalvables, o que deu lugar a un intenso debate etico e politico sobre a forma de tratar a chamada clonacion reprodutiva. O problema
etico
reside nas oportunidades de instrumentalizacion da vida humana a que se presta. Alguns imaxinan un problema con respecto a identidade dos individuos nados, ainda que os xemelgos identicos (ou monocigoticos) son o resultado dun modo excepcional de multiplicacion asexual, por escision espontanea dun embrion normal. Os xemelgos identicos son un clon (ou clon o un do outro, segundo o uso popular), sen que ninguen nunca dubide da posesion por eles de identidades persoais separadas.
A lexislacion e variable entre paises, e tende a distinguir a clonacion de embriones con fins terapeuticos, da clonacion reprodutiva, tendente a formar seres humanos completos.
- Mittwoch, U. (2002). "Clone": the history of a euphonious scientific term.
Medical History
46(3), 381-402.
- Silver, L. M. (2001). What are clons? They’re not what you think they are. Nature, 412(6842), 21.
- Toffler, A.
Future Shock
Nova York, Random House, 1970.
- Webber, H. J. (1903) New horticultural and agricultural terms.
Science
28, 501?503.