한국   대만   중국   일본 
Xeracion do 36 - Wikipedia, a enciclopedia libre

Xeracion do 36

grupo de poetas galegos
Este artigo refirese a Xeracion do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generacion del 36 de escritores en castelan.

A Xeracion de 1936 estivo formada por escritores nados nas decadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as suas obras na decada de 1950 .

O comezo estes escritores consideraronse herdeiros da Xeracion Nos de 1925 , pero mais adiante foron desenvolvendo as suas propias linas creativas. As suas principais linas poeticas foron o clasicismo , o intimismo, o ruralismo e o hilozoismo . A sua maior contribucion a literatura galega foi a poesia socialrealista, poesia de caracter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro .

Autores destacados e obras da xeracion de 1936

editar

Aquilino Iglesia Alvarino

editar

Aquilino Iglesia Alvarino foi o unico membro da xeracion que non cultivou a poesia socialrealista, poren a sua obra principal Comaros verdes foi unha das mais importantes da xeracion. En Comaros Verdes a paisaxe convertese no nucleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresion dos sentimentos ou como descricion.

A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homenaxe a todolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.

Alvaro Cunqueiro

editar
 
Dixenlle a rula: Pase, mina senora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o rio.

A pesar de que foi nos tempos da preguerra cando mais cultivou a sua poesia vangardista, foi na decada dos anos 50 cando Alvaro Cunqueiro publicou Herba aqui ou acola , obra cumio da sua carreira e da poesia galega do seculo XX . A obra estruturase en duas partes: As Historias , onde recrea personaxes historicos e literarios, e Vellas sombras e novos cantos onde publica os seus versos mais melancolicos, xa cando presaxia a sua morte.

Celso Emilio Ferreiro

editar

Celso Emilio Ferreiro e considerado un dos mellores poetas da xeracion de 1936 e o maior representante da socialrealista. As suas obras mais importantes, encadradas na xeracion son: O sono sulagado , Obra de critica social e poesia intimista onde mostra a sua saudade polo paraiso perdido identificado coa sua nenez en Celanova ; Longa noite de pedra , Obra de denuncia social contra a opresion franquista; Viaxe ao pais dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir , obras onde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigracion galega en Caracas pola sua falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e Onde o mundo se chama Celanova constitue o seu ultimo poemario publicado en vida, nel dedica os seus derradeiros poemas a sua muller Moraima.

Outros autores

editar

Vexase tamen

editar

Bibliografia

editar

Outros artigos

editar