한국   대만   중국   일본 
Royal Air Force - Wikipedia, a enciclopedia libre

Royal Air Force

forza aerea e espacial do Reino Unido

Royal Air Force ( RAF ) e o nome que recibe a forza aerea e espacial das Forzas Armadas do Reino Unido . A RAF formouse o 1 de abril de 1918 , sendo a forza aerea independente mais antiga do mundo. Tivo un papel importante na historia militar britanica dende enton, actuando na segunda guerra mundial , cun papel moi destacado durante a batalla de Inglaterra , e en conflitos recentes como a guerra en Iraq .

Royal Air Force
Insignia da RAF
Pais Reino Unido Reino Unido
Tipo Forza Aerea
Lema(s) Per Ardua ad Astra
Marcha Royal Air Force March Past
Paxina web raf.mod.uk

A principios do ano 2011 contaba cun total de 1.002 avions e 42.700 homes regulares, ademais de 2.500 voluntarios. Isto converte a RAF na segunda forza aerea mais grande da OTAN , a primeira de Europa e a quinta do mundo. A meirande parte dos seus avions e persoal estan baseados no Reino Unido , co resto actuando en distintas operacions (principalmente en Afganistan e Oriente Medio ) ou en bases fora das illas britanicas ( Illa de Ascension , Canada , Chipre , Diego Garcia , Xibraltar , as illas Falkland e Alemana ).

Mision

editar

A mision da RAF e a de apoiar os obxectivos do Ministerio de Defensa britanico, que son "proporcionar a capacidade necesaria para asegurar a defensa do Reino Unido e os seus territorios de ultramar, tamen contra o terrorismo; apoiar os obxectivos da politica exterior do Goberno particularmente promovendo a paz internacional e a seguridade". [ 1 ]

A propia declaracions de obxectivos da RAF di o seguinte: [ 2 ]

... [proporcionar] unha axil, adaptable e capaz Forza Aerea que, persoa a persoa, non ten rival, e que fai unha contribucion decisiva de poder aereo no apoio da Mision de Defensa do Reino Unido.

Esta declaracion vai da man da definicion da RAF do poder aereo, o concepto que guia a sua estratexia. O Poder Aereo e definido como: "A capacidade de proxectar a forza militar no aire ou no espazo por ou dende unha plataforma ou misil operado por riba da superficie da terra. As plataformas aereas son definidas como calquera avion, helicoptero ou vehiculo aereo non tripulado ". [ 3 ] A pesar de que a RAF e o principal poder aereo britanico, o brazo aereo da Royal Navy e o corpo aereo da British Army tamen proporcionan poder aereo integrado en contornos maritimos, costeiros e de terra.

Historia

editar

A RAF e a forza aerea independente mais antiga do mundo, establecida o 1 de abril de 1918. [ 4 ] Asumiu un papel significativo na historia militar britanica, participando de forma importante na segunda guerra mundial , e mais recentemente, nos conflitos en Iraq . Cunha frota dunhas 400 aeronaves e un persoal composto por mais de 30 000 efectivos, a RAF e unha das forzas aereas mais grandes e mais avanzadas en canto a tecnoloxia do mundo.

Orixes

editar

Ainda que as orixes da aviacion militar inglesa podense remontar ata a epoca dos cepelins, varias decadas atras ata 1878 coa primeira Escola de Cepelins do Exercito (Army Balloon School) en Woolwich; a xenese da RAF pode establecerse no ano 1911 por dous motivos: a decision da Oficina de Guerra britanica de ampliar a sua antiga Seccion de Cepelins (Balloon Section) para formar un Batallon aereo (Air Battalion) con base en Farnborough; e posteriormente, nese mesmo ano, as decisions da Conferencia Imperial de Londres de 1911.

Asi, a orixe da RAF como arma do exercito, proven do resultado da Conferencia Imperial de Londres de 1911, na cal decidiuse que a aviacion debia ser incluida nas Forzas Armadas do Imperio britanico. Australia foi o primeiro pais que deu os primeiros pasos na practica desta decision creando unha escola de voo en 1912, a Central Flying School RAAF, pero no se consolidou como forza aerea (RAAF) ata despois da formacion da RAF como primeira forza aerea britanica seis anos mais tarde, en 1918.

Formacion e primeiros anos

editar

A RAF creouse en 1918 pola fusion do Corpo Aereo Real e o Servizo Aereo Naval Real. O Cuerpo Aereo Real era unha division dos Enxeneiros Reais, baixo o control do Exercito Britanico. O Servizo Aereo Naval Real era o seu equivalente na Armada. A decision de fusionar as duas unidades e crear unha forza aerea independente foi unha resposta aos eventos da primeira guerra mundial , a primeira guerra na que o poder aereo demostrou ser decisivo. A acabada de crear Real Forza Aerea era a mais poderosa do mundo no momento da sua creacion, contando con 20.000 aeronaves.

Os anos de entreguerra foron relativamente pacificos para a RAF, tomando parte so en accions menores no Imperio Britanico. A RAF prestou servizo en Afganistan , onde ocorreu a primeira evacuacion de civis via aerea en 1928. En 1936, unha reorganizacion do mando da RAF levou a creacion do Mando de Caza (Fighter Command), o Mando de Bombardeo (Bomber Command) e o Mando Costeiro (Coastal Command). A rama Naval Aerea foi separada da RAF e renomeada como Arma Aerea da Frota (Fleet Air Arm) baixo o control da Armada Real.

Segunda guerra mundial

editar

A RAF experimentou unha rapida expansion tras o estoupido da guerra contra a Alemana nazi en 1939. Isto incluiu o adestramento das tripulacions aereas britanicas en paises da Commonwealth baixo o Plan de Adestramento Aereo da Commonwealth, e o traslado en comision de moitos escuadrons enteiros e decenas de miles de efectivos doutros paises das forzas aereas da Commonwealth. A estes, sumaronselle mais tarde miles de efectivos doutros paises, incluidos moitos que escaparan de paises ocupados polos nazis no continente europeo.

A batalla de Inglaterra foi un feito crucial na historia da RAF e forma parte xa da cultura popular e historia mesma de Inglaterra . Durante dita batalla, que tivo lugar no veran de 1940, a forza aerea britanica rexeitou as incursions da Luftwaffe na que foi quizais a campana aerea mais prolongada e complicada da historia. Isto contribuiu enormemente ao atraso e posterior cancelacion dos plans alemans para a invasion de Inglaterra, a Operacion Leon Marino , e axudou a cambiar o curso da segunda guerra mundial ao facer posible a continuacion do esforzo belico britanico por manter unha via de incursion no continente ocupado polas potencias do Eixo, ata que a entrada da Union Sovietica e Estados Unidos na guerra determinaron o equilibrio de forzas en favor dos Aliados.

O maior esforzo da RAF durante a guerra foi a campana de bombardeo estratexico contra Alemana . A partir do 31 de maio de 1942, o Mando de Bombardeo da RAF estivo en situacion de orquestrar incursions nocturnas aereas a grande escala involucrando ata a 1.000 avions, moitos dos cales eran os novos bombardeiros pesados catrimotores.

Guerra fria

editar

Despois da vitoria na segunda guerra mundial, a RAF reorganizouse novamente, desta vez debido en gran medida aos avances tecnoloxicos na guerra aerea que culminaron na producion de cazas e bombardeiros a reaccion. Durante as primeiras etapas da guerra fria unha das primeiras grandes operacions levadas a cabo pola RAF foi a ponte aerea de Berlin, co nome en codigo operacion Plainfire. Entre o 26 de xuno de 1948 e o fin do bloqueo ruso a cidade o 12 de maio de 1949, a RAF proporcionou o 17% de todas as subministracions entregadas, usando avions Avro York e Douglas Dakota que voaban dende o aeroporto de Gatow , e Short Sunderland dende Lake Havel. [ 5 ]

Despois de que o Reino Unido desenvolvese armas nucleares, os escuadrons de bombardeiros V da RAF asumiron a responsabilidade unica de transportar o arsenal nuclear de disuasion britanico mentres se desenvolvian os submarinos clase Polaris da Armada Real. Despois da introducion dos submarinos Polaris en 1968, o papel estratexico nuclear da RAF reduciuse ao nivel tactico, facendo uso das bombas de gravidade WE177. Este papel tactico foi proseguido polos bombardeiros V xa entrados os anos 80 e ata 1998 polos cazabombardeiros Tornado GR1 .

O papel principal da RAF nos anos da guerra fria foi a defensa de Europa contra ataques potenciais por parte da Union Sovietica . Co declive do Imperio Britanico, as operacions a escala global viron o seu alcance reducido, e a RAF do Afastado Oriente foi disolvida o 31 de outubro de 1971.

A pesar diso, a RAF librou moitas batallas no periodo da guerra fria. Desempenou un papel menor na guerra de Corea , coa participacion de botes flotantes. Poren, a Crise de Suez en 1956 foi motivo dunha gran participacion por parte da RAF, que empregou avions con base en Chipre e Malta para as suas operacions. A confrontacion malaia-indonesia (Konfrontasi) a principios da decada dos 60 levou ao uso de avions da RAF, pero debido a unha combinacion de habil diplomacia e a ignorancia selectiva de certos eventos por ambos bandos, a confrontacion nunca se transformou nunha guerra total.

A guerra das Malvinas en 1982 librouna principalmente o Exercito e a Armada, debido a que o campo de batalla estaba localizado fora do alcance dos avions da RAF con bases terrestres. Poren, despregaronse avions na Illa de Ascension e a bordo de portaavions da Armada. As misions de mais alto perfil neste conflito foron as famosas incursions "Black Buck" que empregaron avions Avro Vulcan con base na illa de Ascension. Poren, a RAF prestou outros moitos servizos durante esta guerra cos seus helicopteros nas mesmas illas Malvinas , os seus Harrier GR3 voando dende o portaavions HMS Hermes , os seus cazas protexendo Ascension, avions de patrulla maritima escrutando o Atlantico Sur, e a sua frota de avions cisterna e de transporte que axudaron no enorme esforzo loxistico esixido pola guerra.

Actualidade

editar

En 1991, mais de 100 avions da RAF tomaron parte na guerra do Golfo . Dito conflito marcou un fito na historia da RAF, xa que foi a primeira vez que usou municions guiadas con precision en cantidades significativas. Mais tarde, a guerra de Kosovo en 1999 deu lugar ao despregue da RAF en Europa por vez primeira dende a segunda guerra mundial. A invasion de Afganistan de 2001 levou a RAF a proporcionar apoio aos Estados Unidos mediante a subministracion de avions cisterna e de reconecemento.

A invasion de Iraq de 2003 fixo que a RAF se despregase a grande escala apoiando a USAF estadounidense. As suas unicas perdas deberonse a accidentes e a fogo amigo cando un Tornado foi derrubado por un misil Patriot estadounidense.

  1. "RAF - Frequently Asked Questions" . web.archive.org . 2012-08-10. Archived from the original on 10 de agosto de 2012 . Consultado o 2024-04-18 .  
  2. "RAF - Role of the RAF" . web.archive.org . 2012-08-10. Archived from the original on 10 de agosto de 2012 . Consultado o 2024-04-18 .  
  3. "RAF - Role of Air Power" . web.archive.org . 2012-08-10. Archived from the original on 10 de agosto de 2012 . Consultado o 2024-04-18 .  
  4. "RAF - World War I" . web.archive.org . 2012-08-13. Archived from the original on 13 de agosto de 2012 . Consultado o 2022-02-01 .  
  5. "RAF - RAF Timeline 1945-1949" . web.archive.org . 2012-08-12. Archived from the original on 12 de agosto de 2012 . Consultado o 2022-02-01 .  

Vexase tamen

editar

Ligazons externas

editar