한국   대만   중국   일본 
Hadrian VI, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre

Hadrian VI, papa

papa entre 1522 e 1523

Hadrian VI , nado co nome de Adriaan Florenszoon Boeyens , tamen conecido como Adriano de Utrecht , nado en Utrecht (daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermanico ) o 2 de marzo de 1459 e finado en Roma o 14 de setembro de 1523 , foi papa da Igrexa catolica entre o 9 de xaneiro de 1522 e o 14 de setembro de 1523 .

Infotaula de personaHadrian VI, papa

(1625, Centraal Museum (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Hadrianus PP. VI Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (nl) Adriaan Florenszoon Boeyens d'Edel Editar o valor em Wikidata
2 de marzo de 1459 Editar o valor em Wikidata
Utrecht (Sacro Imperio Romano Xermanico) Editar o valor em Wikidata
Morte 14 de setembro de 1523 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Santa Maria dell'Anima (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
218º Papa
19 de xaneiro de 1522?? 14 de setembro de 1523
←? Leon X, papa ? Clemente VII ?→
Inquisidor xeral de Castela
14 de marzo de 1518?? 4 de agosto de 1522? ( Conclave de 1521?1522 (pt) Traducir) ? Alfonso Manrique de Lara y Solis (pt) Traducir?→
Cardeal presbitero Sao Joao e Sao Paulo (pt) Traducir
1 de xullo de 1517?? 4 de agosto de 1522? ( Conclave de 1521?1522 (pt) Traducir)
Inquisidor xeral de Aragon
14 de novembro de 1516?? 14 de marzo de 1518
Bispo de Tortosa
18 de agosto de 1516?? 9 de xaneiro de 1522
←? Luis Mercader Escolano (en) Traducir ? Willem van Enckenvoirt (pt) Traducir?→
Diocese: Diocese de Tortosa (pt) Traducir
Bispo catolico
Rexente Coroa de Castela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Sacro Imperio Romano Xermanico
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Educacion Old University of Leuven (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico (1490 (Gregoriano) ?) , filosofo , teologo , profesor universitario , Papa Editar o valor em Wikidata
Empregador Universities in Leuven (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alumnos Bernard Bucho van Aytta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua alema Editar o valor em Wikidata
Consagracion Diego Ribera de Toledo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe sen valor

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Boeyens-2 Find a Grave: 10713648 Editar o valor em Wikidata

Lonxe da avidez, as manobras e a longa espera de anteriores aspirantes ao trono de San Pedro no afan por acadalo, Hadrian mostrouse indiferente ao cargo, non fixo nada por acadalo e, mergullado como estaba nas intricadas tarefas da rexencia de Espana , nin sequera asistiu ao conclave no que foi designado. De todos modos, a sua aparente desidia por erixirse na maxima autoridade da igrexa catolica estaba plenamente compensada co interese do seu egrexio discipulo, o emperador Carlos V , que premeu canto foi necesario para lograr a chegada ao solio pontificio do seu antigo preceptor.

Traxectoria editar

Era fillo dun ebanista, e foi educado na devotio moderna , no amor a virtude e a ciencia . En 1479 ingresou na Universidade de Lovaina , onde mais tarde seria profesor de teoloxia e reitor.

Foi elixido por Maximiliano de Austria como mestre do seu neto Carlos de Gante . Exerceu o seu cometido durante dez anos (1505-1515), levando a cabo importantes misions en defensa dos intereses do seu pupilo.

En 1516 o herdeiro das coroas de Castela e Aragon enviou a Hadrian como legado ante o cardeal Cisneros , rexente dos reinos trala morte en xaneiro de Fernando o Catolico .

Fernando fixo o seu testamento mentres presidia, xa enfermo, as Cortes de Burgos en xullo de 1515. Deixou como herdeiro ao infante Fernando . Este documento foi levado axina ao mestre, que recibiu plenos poderes, mesmo para tomar posesion da Coroa de Castela .

Xa convertido en rei de Espana, Carlos I agradeceu os servizos prestados polo fiel mentor impulsando o seu ascenso na carreira eclesiastica, primeiro como bispo de Tortosa en 1516, mais tarde como inquisidor xeneral da Coroa de Aragon e despois da de Castela , e xa por fin como membro do colexio cardenalicio.

Rexente de Castela editar

Carlos V distinguiuno confiandolle a rexencia de Espana cando tivo que ausentarse do pais en 1520 por mor da designacion como cabeza do Sacro Imperio . Non foi unha encomenda facil, pois nese momento os castelans queixabanse da soberbia e cobiza dos borgonons . Ausente o rei, orixinouse a Guerra das Comunidades de Castela , que terminou coa batalla de Villalar , e a revolta das xermanias levantinas. Asi, o 31 de outubro de 1520, contando con apoio suficiente inicia as hostilidades.

Pontificado editar

 
Tumba de Hadrian VI .

O 9 de xaneiro de 1522 foi elixido Papa, sucedendo a Leon X . Nese momento estaba en Gasteiz exercendo a rexencia de Espana, preparando Navarra para a defensa fronte a invasion francesa. A noticia chegou a Casa do Cordon , onde se hospedaba, o 22 dese mes. Foi o ultimo Papa non italiano ate 1978, en que foi elixido o polaco Karol Wojtyła ( Xoan Paulo II ).

Nunha solemne declaracion, aceptou a eleccion o 8 de marzo de 1522. Proclamou a sua confianza en Cristo , ≪que lle dara forza, ainda sendo indigno, para defender a cristiandade contra os ataques do mal, e para reducir, ao exemplo do bo pastor, a unidade da Igrexa aos que erran e estan enganados≫ [ 1 ] . Axina emprendeu a viaxe, acompanado do seu secretario e biografo, o Doutor Blas Ortiz , seguindo o curso do Ebro ate Tarragona , onde embarcou cara a Roma. A cerimonia de coroacion tivo lugar o 31 de agosto .

A chegada do Papa na cidade habia unha praga de peste . Ao dia seguinte da coroacion pediu axuda aos cardeais para o seu duplo proxecto: a union dos principes cristians para combater o Imperio Otoman e a reforma da curia. Tivo dificultades entre os cardeais, non habituados ao seu estilo de vida sobrio e austero. O seu costume de celebrar a misa a diario, algo insolito daquela, produciu rexeitamento. No consistorio do 26 de marzo de 1523 o cardeal de Santa Croce quixo pedir a confirmacion dos indultos e privilexios concedidos por Leon X. Cando o cardeal lle lembrou a inaudita amabilidade coa que os cardeais o elixiran Sumo Pontifice, Hadrian retrucou que o chamaran ao martirio e o carcere. Ali tina unha Igrexa esgotada e pobre, polo que lles debia moi pouco; eles foran mais ben os seus verdugos.

Curtido nos avatares politicos antes da chegada a Roma , o seu breve paso polo Vaticano non lle deu oportunidade de utilizar a experiencia adquirida nas tarefas de estado. E malia que debia a eleccion como Papa ao empeno de Carlos V, non por iso lle foi docil e submiso de forma incondicional.

Hadrian fixo esforzos por obrar con imparcialidade na pugna continuada entre Carlos e Francisco I de Francia . Malia todo, finalmente entrou en alianza secreta con Carlos V, Inglaterra e Venecia en contra de Francia . A sua morte tempera (setembro de 1523) impediulle realizar calquera accion no seo de tal alianza, como tampouco lle permitiu por remedio algun ao avance da Reforma protestante de Martino Lutero .

Durante o seu pontificado, Hadrian VI canonizou a Antonino de Florencia .

As profecias de San Malaquias refirense a el coma Leo Florentius (O leon de Florencia), cita que fai referencia ao apelido familiar (Florenz), cuxo escudo de armas conten un leon.

Notas editar

  1. PASTOR, Papstgesch. IV, 2 p. 35

Vexase tamen editar

Bibliografia editar

  • Itinerarium Adriani Sexti . Blas Ortiz, Vitoria, 1950
  • Gan Gimenez, P. "La politica y los problemas interiores", en Historia General de Espana y de America (tomo VI). Madrid, Ediciones Rialp (1986). ISBN 84-321-2101-0

Ligazons externas editar