한국   대만   중국   일본 
Eduardo Rodriguez-Losada Rebellon - Wikipedia, a enciclopedia libre

Eduardo Rodriguez-Losada Rebellon

arquitecto e compositor galego

Eduardo Rodriguez-Losada Rebellon , nado na Coruna o 2 de marzo de 1886 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 1973 , foi un arquitecto e compositor galego. Losada constitue o caso do compositor diletante, cuxo vinculo coa musica e vocacional, xa que a sua profesion foi a de arquitecto.

Infotaula de personaEduardo Rodriguez-Losada Rebellon

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 2 de marzo de 1886 Editar o valor em Wikidata
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 2 de novembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Lugar de sepultura cemiterio de Santo Amaro da Coruna Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion compositor , arquitecto Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Familia
Parella Maria Trulock Bertorini

BNE: XX1535825
Caricatura de Eduardo dirixindo a opera O Mariscal no Teatro Rosalia de Castro, 27 de maio de 1929.
Eduardo lendo unha das suas pezas.

Traxectoria editar

Era fillo do coronel de artillaria Camilo Rodriguez-Losada y Ozores , fundador das escolas populares de balde da Coruna, e de Felipa Rebellon y Vazquez. [ 1 ] [ 2 ] Estudou arquitectura en Madrid entre 1905 e 1911. [ 3 ]

O 4 de marzo de 1914 foi nomeado arquitecto provincial da Coruna (inicialmente interino [ 4 ] ), con 3.000 pesetas de soldo [ 5 ] . Tamen foi tesoureiro da Sociedade Filharmonica da Coruna [ 6 ] [ 7 ] , vogal do Orfeon El Eco [ 8 ] e presidente da Asociacion de Arquitectos de Galicia [ 9 ] . En 1918 desenou un proxecto de " reforma e ensanche da vila " de Muxia [ 10 ] . En 1928 foi nomeado presidente do Emden Foot-ball Club , daquela o segundo club de futbol mais importante da Coruna [ 11 ] [ 12 ] . O 2 de maio de 1941 foi nomeado Academico de Numero da Seccion de Arquitectura da Real Academia de Nosa Senora do Rosario e mais tarde, o 28 de novembro de 1954, Academico de Honor [ 13 ] . As suas obras orixinais foron doadas polos seus fillos a Real Academia Nuestra Senora del Rosario da Coruna. Tamen se poden atopar copias na Fundacion March, na Sociedade de Autores e na Propiedade Intelectual.

Obra musical editar

Dada a sua longa vida, o compositor mantivo un particular eclecticismo, que impregna toda a sua producion, na que destaca especialmente o gran formato orquestral, con partituras como El gnomo , cuxo titulo evoca o poema sinfonico Los gnomos de la Alhambra do Chapi mais alhambrista.

Son especialmente sobranceiras as suas catro sinfonias e o Concerto para piano e orquestra, ainda que se por algun xenero musical e especialmente lembrado ese e o operistico , no que empregou como base argumental lendas e feitos historicos de Galiza . Este e o caso da opera O Mariscal , drama estreado no Teatro Tamberlick de Vigo en 1929 , con texto dos escritores e politicos galegos Anton Villar Ponte e Ramon Cabanillas .

Operas

Poemas sinfonicos

  • El diablo mundo (ballet; coreografico. Autografo)
  • El miserere (sobre textos de Gustavo Adolfo Becquer. Autografo)
  • Los Caneiros (impresion sinfonica. Autografo; 1946 ). Interpretada o 17 de novembro de 1946 pola Orquestra Sinfonica de Bilbao dirixida por Jesus Arrambarri no Teatro Buenos Aires de Bilbao.
  • El Gnogmo (sobre unha lenda de Gustavo Adolfo Becquer. Autografo; 1925 ). Estreado o 8 de maio de 1925 pola Orquestra Sinfonica de Madrid, dirixida por Enrique Fernandez Arbos no Teatro Rosalia de Castro da Coruna.
  • La Santa Compana (sobre libro de Rey de Viana; autografo; existe reducion para piano e borrador.

Sinfonias

  • Sinfonia en Sol menor (autografo; existe unha transcricion para dous pianos en manuscrito)
  • Sinfonia en La menor (autografo, 1949 ). Estreada o 4 de decembro de 1949 pola Orquestra Municipal da Coruna e dirixida por Rodrigo A. de Santiago no Teatro Rosalia de Castro.
  • Sinfonia en Do menor (autografo).
  • Sinfonia en Re menor (autografo).
  • Concierto para piano y orquesta en Si bemol (autografo). Estreado o 29 de maio de 1955 pola Orquestra Sinfonica Municipal da Coruna e dirixida por Rodrigo A. de Santiago. Pianista Pilar Cruz. No Teatro Rosalia de Castro da Coruna.
 
Tumba no cemiterio de Santo Amaro

Musica de camara

  • Coleccion de 9 cuartetos
  • Coleccion de 3 trios ; O nº 1 estreado o 26 de xaneiro de 1948 na Escola Naval da Coruna. Violin: Horacio Rodriguez Nache. Violoncello: Jose Bejar. Piano: Pilar C. Rodriguez Nache. Violoncello Jose Bejar e Piano Pilar Cruz.
  • Preludio en Sol mayor para dos violines y piano . Adicado a sua filla Carmen Losada-Trulock
  • 4 sonatas para piano

Gravacions (conservadas no arquivo sonoro de Radio Nacional de Espana )

  • Trio en Sol menor (2 de febreiro de 1971)
  • Trio en Re menor (3 de decembro de 1969; Interpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernandez Asiain e Carlos Baena Interpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernandez Asiain e Carlos Baena)
  • Trio en Do menor (11 de novembro de 1972; Interpretes: Ana Mª Gorostiaga, Carlos Baena e Eduardo Hernandez Asiain.
  • Cuarteto en Do menor (13 de novembro de 1972)
  • Cuarteto en Sol menor (24 de abril de 1974; Interpretes: Cuarteto clasico de RTVE)

Obra arquitectonica editar

Rodriguez-Losada formou con Pedro Marino e Leoncio Bescansa o grupo de arquitectos que desenvolveron o eclecticismo arquitectonico na cidade da Coruna. [ 16 ] Formou parte ademais da sociedade que impulsou a construcion da Cidade Xardin , na que proxectou a "Villa Felisa", na que viviu coa sua familia entre 1924 e 1939. [ 17 ] Nos ultimos anos da sua carreira achegouse ao racionalismo . [ 3 ]

Entre os moitos edificios que desenou na cidade da Coruna destacan o chale Escudero (1913), [ 18 ] [ 19 ] a casa Cortes [ 20 ] (1918), [ 21 ] a casa Escariz na praza de Pontevedra (1927) [ 20 ] e o colexio notarial (1927-1932). [ 22 ] En marzo de 1928 presentou un proxecto para a construcion do novo Hospicio Provincial nos terreos da Granxa Experimental da Coruna [ 23 ] e en abril de 1929 foi designado polo Concello da Coruna para realizar o " proxecto de execucion das obras da praia e plataformas no balneario de Riazor " [ 24 ] .

Fora da cidade desenou o edificio Jose Carrera en Corcubion [ 25 ] ( 1924 ).

Vida persoal editar

Casou en Vilagarcia de Arousa con Maria Trulock Bertorini o 15 de outubro de 1913 [ 26 ] , coa que tivo dez fillos.

Notas editar

  1. Tarrio, Jose M. (1998). "Casamientos en la vieja Coruna". Anuario Brigantino (en castelan ) (Betanzos) (21): 151.  
  2. "Documentos para a historia da Educacion: Escuelas Populares Gratuitas. Grupo de San Antonio- Ninas (A Coruna)" . Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018 . Consultado o 17 de maio de 2017 .  
  3. 3,0 3,1 Martinez Suarez & Casabella Lopez 1989 , p.?240.
  4. "Comision provincial". El Eco de Santiago (en castelan ) (Santiago). 5-3-1914. p.?2.  
  5. "Cronica regional. Coruna". El Correo de Galicia (en castelan ) (Santiago de Compostela). 20-3-1914. p.?2.  
  6. "Sociedad Filarmonica". El Noroeste (en castelan ) (A Coruna). 21-3-1916. p.?2.  
  7. "Centros y Sociedades. La Filarmonica". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 18-3-1918. p.?1.  
  8. "El Orfeon ≪El Eco≫". El Orzan (en castelan ) . 30-3-1927. p.?2.  
  9. "Comunicado". El Noroeste (en castelan ) (A Coruna). 27-2-1917. p.?2.  
  10. "Cronica local". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 21-7-1918. p.?2.  
  11. "La nueva directiva del 'EMDEN ' ". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 29-2-1928. p.?2.  
  12. "La directiva del 'EMDEN F. C. ' ". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 3-3-1928. p.?2.  
  13. Relacion Academicos de Honor www.academiagallegabellasartes.org .
  14. "≪El monte de las animas≫, una opera de Rodriguez Losada". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 6-3-1927. p.?1.  
  15. "Excursion a Santiago. ≪El Monte de las Animas≫". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 21-5-1927. p.?1.  
  16. "Eduardo Rodriguez-Losada Rebellon. Arquitecto" . Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018 . Consultado o 17 de maio de 2017 .  
  17. "Proyecto Palmera" . Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018 . Consultado o 17 de maio de 2017 .  
  18. "Los chales del Camino Nuevo, un recuerdo de los viejos tiempos" . Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016 . Consultado o 06 de decembro de 2015 .  
  19. Tamen conecido polos nomes de "Casa Alonso Escudero" e "Palacete de Juan Florez", pola rua na que se encontra.
  20. 20,0 20,1 Garrido Moreno, Antonio. La galeria gallega: una tipologia tradicional en permanente evolucion (PDF) (en castelan) . Anuario Brigantino . Consultado o 6 de decembro de 2015 .  
  21. Casa Cortes
  22. Historia del colegio
  23. "El proyecto del nuevo hospicio". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 23-3-1928. p.?2.  
  24. "En el Ayuntamiento. Una sesion interesante. Orden del dia". El Orzan (en castelan ) (A Coruna). 30-4-1929. p.?1.  
  25. Edificio Jose Carrera Arquivado 13 de febreiro de 2009 en Wayback Machine . www.corcubion.info .
  26. "Galicia". El Eco de Santiago (en castelan ) (Santiago de Compostela). 16-10-1913. p.?1.  

Vexase tamen editar

Bibliografia editar

Ligazons externas editar