David Wenham nado o 21 de setembro de 1965 en Marrickville , Nova Gales do Sur , e un actor australiano de cine e television que acadou a fama internacional en 2002 pola sua interpretacion de Faramir na triloxia d' O Senor dos Aneis de Peter Jackson .
A sua primeira interpretacion consistiu nun pequeno papel na serie Sons and Daughters (1982). Despois de participar noutras series de television, deu o salto o cine con Greenkeeping (1992) e Cosi (1996), das cales recibiu os parabens do publico e da critica australiana. Pero foi con The Boys (1998) cando se afianzou definitivamente como un dos grandes actores australianos, conseguindo diversos premios e nomeamentos.
En 1998 tivo un papel principal na serie Seachange , de grande exito, que lle serviu para afianzar a sua popularidade. En 1999 protagonizou o filme Molokai , para a que interpretou a vida do padre Damian de Molokai nunha comunidade de leprosos no Hawai do seculo XIX.
A participacion de Wenham en filmes mais de sona mundial incluen un pequeno papel en Mouling Rouge! (2001), o personaxe de Faramir en O Senor dos Aneis: As Duas Torres (2002) e O Senor dos Aneis: O Regreso do Rei (2003) da triloxia d' O Senor dos Aneis de Peter Jackson , o monxe Carl en Van Helsing (2004) e o soldado espartano Dilios en 300 (2007).
Tamen foi protagonista na version teatral de Cyrano de Bergerac en Melbourne durante o 2005 .