한국   대만   중국   일본 
Flickr - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Flickr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo.

Flickr e un popular servizo de almacenamento e difusion de fotografias en Internet .

Funcionalidades [ editar | editar a fonte ]

O servizo e utilizado extensamente por blogueiros como deposito de fotos e de videos . O sistema de Flickr permite facer procuras de imaxes e videos por etiquetas , por data e por licenzas de Creative Commons .

Outras funcionalidades son as canles RSS e Atom , como tamen unha API que permite a desenvolvedores independentes crear os seus propios servizos e aplicacions. O servizo basease nas caracteristicas habituais do HTML e o HTTP , permitindo que sexa usable en multiples plataformas e navegadores . A interface de etiquetaxe e edicion de texto utiliza AJAX , que tamen e compatible coa gran maioria dos navegadores. Un componente non esencial do lugar web, Organizr , basease na tecnoloxia de Macromedia Flash, a cal e amplamente disponible, pero non plenamente aberta . As fotografias ou imaxes e videos poderan tamen enviarse a traves do correo electronico . Flickr e especialmente popular entre os usuarios de Macintosh , os cales a miudo son excluidos doutros lugares de comparticion de fotos porque e necesaria unha arquitectura PC / Windows .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O World Trade Center en construcion en 1971 . Moitas das imaxes utilizadas en Wikipedia e Wikimedia Commons proceden de usuarios de Flickr que usan licenzas libres .

Flickr foi desenvolvido por Ludicorp , unha compania de Vancouver fundada no 2002 , e lanzado no mes de febreiro de 2004 , inicialmente como un xogo multixugador en lina. Algunhas das primeiras versions de Flickr incluian un chat con posibilidades de intercambio de fotos en tempo real, chamado FlickrLive . As suas sucesivas evolucions se enfocaron mais na suba de fotos e a posta en funcionamento de novas utilidades para usuarios individuais, tendo isto como resultado a supresion da sala de chat.

En marzo de 2005 , Flickr e Ludicorp foron compradas por Yahoo! , o cal levou a Yahoo! a abandonar o seu antigo sistema Yahoo! Fotos, e centrar os seus recursos no cada vez mais popular Flickr. O 11 de xullo de 2007 , Flickr foi lanzado en sete linguas mais, entre elas o castelan . Ata enton, o sitio estaba disponible unicamente en ingles .

Yahoo! Fotos [ editar | editar a fonte ]

Yahoo! anunciou que durante o veran do 2007 , todas as fotos do servizo Yahoo! Fotos serian borradas. Durante este intermedio, os usuarios do servizo podian optar entre migrar a sua fotos para Flickr, ou ben, deixar que as suas imaxes fosen eliminadas. Aqueles que migraron a Flickr tiveron oportunidade de acceder a unha conta Pro no sitio Flickr por tres meses. Yahoo! Fotos tivo o seu peche definitivo o 18 de outubro de 2007 .

Integracion co Buscador Yahoo! [ editar | editar a fonte ]

Desde o 24 de agosto de 2006 , certas procuras co buscador Yahoo! mostraban imaxes desde Flickr, por exemplo "fotos graciosas" ou "viaxes fotograficos".

Contas [ editar | editar a fonte ]

Basicas [ editar | editar a fonte ]

As contas basicas en Flickr son de balde. Estas contas permiten subir ao servizo arredor de duascentas fotografias, susceptibles de clasificar en tres carpetas diferentes.

Pro [ editar | editar a fonte ]

As contas Pro son de pago, e con elas podese subir un numero ilimitado de imaxes. Asi mesmo, tampouco existe limite na creacion de carpetas nas que organizar as fotografias.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]